XUVENÍS. TORNEO DA AFACO
FINAL NO CAMPO DE SAN SADURNIÑO
O Numancia e o As Pontes disputarán a final do torneo da Afaco de xuvenís, o sábado, 26 de xuño ás 17.00 h. no campo da Piscina de San Sadurniño.
Ares, 19 de xuño de 2006
Finalmente, e despois de múltiples xestións, esta controvertida final xa ten escenario. Será o campo de fútbol do San Sadurniño o que acolla a final deste primeiro torneo AFACO de xuvenís.
Unha vez modificada a data deste partido, parecía lóxico manter o lugar decidido no primeiro momento, o campo de Barallobre pero este equipo ten o campo ocupado para o sábado 26, polo que houbo que buscar outro. Por tanto, o partido Numancia - As Pontes vaise celebrar nun precioso campo, dotado cunhas estupendas instalacións. Agora só queda preparar a "marea vermella" para apoiar aos nosos xuvenís.