XUVENÍS. NUMANCIA, 4 - O VAL, 2.

SDR Numancia de Ares. Xuvenís 2009-2010. Numancia 4 - O Val 2. Prados Vellos.CRER É PODER. O ESPÍRITO DA COPA.
Ao igual que a tempada pasada, os aresáns xoganse o pase a semifinais fronte o San Sadurniño.  

 

Ares, 15 de maio do 2010.

1ª xornada do Trofeo dá AFACO, categoría xuveníl.

NUMANCIA DE ARES 4 - O VAL 2.

ALINIACIÓN: Iván (Fivi), Álvaro (Díaz), Amenedo, Jorgito (Ezra), Martín, Víctor (Dani), Manu, Coco, Edu, Jorge (Juanra) e Pedro.

GOLES:
0 - 1: Internada por banda esquerda do conxunto do Val, colgan o balón ao área onde o dianteiro gaña as costas a Jorgito e empala alto e á escuadra.
1 - 1: Penalti por man dentro da área dun defensa do Val, transforma Jorge de disparo alto e forte á esquerda do porteiro.
2 - 1: Xogada de estratexia, falta sacada por Jorge e Jorgito entrando con confianza no segundo pau acerta e empuxar o balón coa perna dereita a gol.
3 - 1: Falta frontal moi afastada dende o centro do campo, golpea Jorge raso e axustado á base do pau, ao porteiro escápaselle o balón por debaixo do corpo.
3 - 2: Penalti que transforma en gol Dani do Val tras unha man moi protestada de Jorge.
4 - 2: Boa presión de Edu e Manu sobre os centrais do Val, conseguindo roubar o balón que lle cae a Manu quen resolve ben de interior nun man a man co gardameta valexo.

 

 

COMENTARIO:
Partido de máxima intensidade o vivido en Prados Vellos nunha boa tarde de sábado. Tras a clasificación dos infantís para semifinais, tocáballes dar o callo aos xuvenís ante un rival moi complicado como o subcampión de Liga, O Val. Os numantinos saíron moi enchufados e xa nos primeiros minutos dispuxeron dunha boa ocasión nun tiro cruzado de Víctor tras un bo pase de Edu. A pesar de todo é o Val o que se adianta no marcador nun descoido defensivo do Numancia. Os aresáns souberon reporse e manter a intensidade no partido cunhas liñas moi adiantadas que non permitiron ao Val saír xogando nin realizar o seu habitual xogo combinativo e provocando unha e outra vez o fóra de xogo dos dianteiros valexos. Consegue empatar o Numancia nun penalti transformado por Jorge (o primeiro que nos pitan a favor logo de 29 partidos está tempada). Mediada esta primeira metade o Numancia adiántase no marcador nunha acción de estratexia. Comeza a segunda parte cun Val moito máis agresivo e que adianta as súas liñas para ir a polo encontro pero con todo, o que é a sorte do fútbol, é o Numancia o que volve tomar a dianteira no marcador grazas a un desgraciado erro do porteiro visitante. Continuou o partido con moitísima intensidade e moito xogo directo e O Val acurta distancias mercé a un penalti. Pero ao pouco tempo a presión dos dianteiros do Numancia provoca o erro dos centrais visitantes propiciándonos un man a man co gardameta que resolve moi ben Manu. En liñas xerais gran partido de todos os xogadores do Numancia que ao longo da semana xa tomaran conciencia do que nos xogabamos e da intensidade que se precisaba para poder gañar a un rival tan poderoso.
Excelentes todos os xogadores da liña defensiva (salvo no primeiro gol) e en especial os dous centrais Amenedo e Martín. Importantísimo o traballo de pressing e de quilómetros percorridos polos dianteiros e mediocampistas. Pero sobre todo gran partido dos dous medio centro veteranos que supliron a inferioridade numérica que tiñan no medio campo, ao xogar nós con dous dianteiros arriba, con quilómetros de traballo e traballo e loita aberta en todo o medio campo. Xenial Pedro a pesar do lastre de atoparse cun cartón nada máis comezar o partido e impresionante Jorge que exerceu de veterano e gran capitán, querendo o balón, participando en case todos os goles, asumindo responsabilidade e espreméndose en defensa por arriba e por abaixo ata que os xemelgos dixéronlle basta. Moi ben Manu traballando arreo como o fixo todo o ano e moi ben Edu que subiu de cadetes para porse o mono de traballo e axudar ao equipo a lograr unha gran vitoria.
Pero dito todo isto, aínda non fixemos nada nin gañado nada, e a fortuna quixo que do mesmo xeito que o ano pasado, vaiamos xogarnos o pase a semifinais en San Sadurniño. Pero esta vez non nos vale perder e todo o que sufrimos hoxe non nos valerá de nada se non o rematamos no seguinte partido, por iso cítovos a todos neste partido tan fundamental para a sorte dos xuvenís.
QUE VOLVA A MAREA VERMELLA E QUE RETORNE O ESPÍRITO DA COPA.

!!!VEMONOS EN SAN SADURNIÑO¡¡¡

!!!AUPA NUMAN¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.