XUVENÍS. NUMANCIA, 1 - EUME DEPORTIVO, 4.

SDR Numancia de Ares. Xuvenís 2009-2010. Numancia 1 - Eume 4. Prados Vellos.DEMOS A CARA.

  

 

Prados Vellos, sábado 1 de maio de 2010.

33ª Xornada de Liga, categoría xuveníl.

NUMANCIA 1- EUME DEPORTIVO 4.

ALIÑACIÓN:
Fivi (Tobe), Álvaro (Pita), Amenedo, Víctor, Martín, Jorge, Manu (Jony), Coco, Dani (Pablo), Pedro (Juanra) e Díaz.

GOLES:
0 - 1: Penalti dubidoso de Víctor sobre Charly que transforma Joshua conseguindo o primeiro gol.
0 - 2: Balón que rouba Pío en posible falta a Álvaro, internase na área e disparo cruzado raso ao segundo pau para conseguir o cero a dous.
0 - 3: Balón longo sobre Pereira que en pugna con Álvaro e Martín consegue levar o balón e bater a Tobe para facer subir o terceiro gol xa no principio da 2ª parte.
0 - 4: Saque de esquina botado polo Eume, falta de entendemento entre Tobe e Amenedo, o que aproveita o xogador eumes para meter a punta da bota e tocar o suficiente para enviar ao fondo das mallas.
1 - 4: Boa xogada colectiva do Numancia que tras varios pases termina en internada por banda de Jony que mete un preciso pase raso ao corazón da área para que Pablo remate de primeira, raso e axustado ao pau esquerdo. O mellor gol do partido.

COMENTARIO:
Antes de dar comezo o encontro gardouse un respectuoso e emotivo minuto de silenzo en recordo de D. Fernando Iglesias Bujones, finado recentemente, un dos socios de ouro do Numancia, dende o ano 1953. D. Fernando moitas grazas por todo, descanse vostede en paz.

Partido moi disputado ante o posible campión de liga, onde o Eume impuxo a súa pegada e o seu xogo físico que lle levou a estar ás portas da conquista dun título. Xogo de pressing do Eume nas liñas máis adiantadas do seu ataque o que impediu ao Numancia realizar o seu habitual xogo combinativo. Con todo o Numancia esta vez non se veu abaixo na loita e foi del a primeira importante ocasión do encontro, nunha bonita xogada individual de Manu que mete un bo pase a Dani que só ante o porteiro entretense en exceso e éste arrebátalle o balón. Despois veu o gol de penalti do Eume, evitable se Víctor despexase o balón previamente, e un novo gol en xogada individual para os vistantes. Na segunda parte os eumeses sacaron outro gol dun pelotazo sobre o seu dianteiro centro, e outro dun saque de esquina. Quédanos o consolo do último gol, o único de xogada elaborada de todo o partido. Con todo marcador excesivo polos méritos realizados por un e outro equipo sobre o terreo de xogo, pero a maior pegada e eficacia do Eume púxose de manifesto. Parabéns e felicidades ao Eume polo que parece que vai ser un novo título de liga. Bo traballo en xeral de todo o equipo do Numancia que saíu a dar a cara e cambiar a imaxe do último partido. Quédanos xogar o partido aprazado contra As Pontes para intentar sacar os tres puntos e non acabar de últimos.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.