Xuvenís. NUMANCIA 1- PERLIO 1
XUSTO EMPATE.
Sábado, 28 de novembro do 2009
Categoría xuvenís.
Numancia 1-Perlío 1.
Numancia: Tobe, Álvaro (Jony), Miguel, Martín, Jorgito, Díaz ( Juanra), Amenedo, Víctor (Pablo), Coco, Dani (Manu) e Pita.
Goles:
0-1. Internada do Perlío pola banda dereita con centro o segundo pau e Miguel mete o balón na portería no seu intento de despexe.
1-1.Falta a uns trinta e cinco metros que tira Pablo frouxo, o porteiro do Perlío non chapa a pelota e Pita marca no rechace.
Partido igualado xogado pola mañá no campo de Prados Vellos nun día mais axeitado para comer unhas filloas con chourizos que para xogar o fútbol. Eso debeu pensar o colexiado que chegou con vinte minutos de retraso e cando os dous equipos xa estaban xogando o partido gracias a colaboración de Mahía que prestouse a arbitrar.
A verdade é que para ir ver un partido do noso equipo xuvenil ou eres da familia dos xogadores ou sentes moita pasión polo deporte do fútbol, porque e ben certo que pola calidade dos partidos non é.
Combinamos mal, atacamos peor (que lembre ahora mesmo nas once xornadas de liga só marcamos un gol en xogada elaborada), a maioría dos dez goles que levamos marcados son fallos do porteiro rival, rechaces, ou cousas similares.
Hoxe non houbo distinto guión, partido trabado no cal tivemos duas ocasións de gol, unha estrelada no pau por Coco e no rechace Pita mandouno contra un defensa e o gol nunha cantada do porteiro rival. Polo demais loita e defensa.
Por aquelo de destacar a algún xogador, probablemente o mellor de todos fose Amenedo que como sempre traballou arreo en tarefas defensivas.