Xuvenís.MEIRAS, 3 -NUMANCIA, 0
O outro fútbol………………...............................................
Partido igualado no Misael Prieto de Meirás que decidiuse nunha xogada desas que o longo da historia foron chamadas “outro fútbol”e nas que os Mestres dese xogo sempre foron os equipos italianos.
Corría o minuto 30 da primeira parte cando Miguel fai una entrada cos tacos por diante, o balón rexeitado vai a un xogador do Meirás e o árbitro da a lei da vantaxe ainda que queda mirando a Miguel advertindo que lle vai sacar cartón amárelo. A xogada segue e por azares do destino o balón volve a mesma zona do campo. Ali un xogador do Meirás empurra a Miguel contra o noso banquillo nunha xogada de infinito risco (fácilmente puido abrirlle a cabeza).O noso Miguel (xogador moi impulsivo) tiña duas opcións, quedar no chán e facerse o morto ou revolverse como faría un animal na loita polo control da manada.
Tomou o camiño B, levantouse como si tivera un resorte e acercou a cachola contra a do xogador rival como tentando medir as forzas. O contrario tírase o chán igual que se o mataran.
O árbitro sácalle duas amarelas a Miguel unha pola plancha anterior e outra por encararse co contrario, o xogador local vaise cunha amarela e o remate do proceso o noso equipo queda con dez xogadores no campo e sesenta minutos por diante.
Nun campo pesado pola tromba de auga que caera durante todo o día a xogada pódese interpretar como decisiva.
Ata ahí partido igualado ainda que quizais o equipo local empurraba algo mais, a partir dese momento reconstrucción táctica pasando Pedro o lateral dereito e quedando Díaz como único mediocentro.
O equipo douno todo e conseguiu aguantar o marcador 0-0 durante 30 minutos mais, ata que no minuto 30 da segunda parte o Meirás adiantouse nunha internada pola banda dereita (Jorgito foi continuamente superado por esa banda)con centro atrás e remate de Peruco dianteiro centro rival.
Desde ahí o final superioridade do equipo de Meirás que nos marcou outros dous goles.
Para remate destacar a loita do equipo, individualmente o traballo de Álvaro impecable nos 30 minutos que estivo no campo, o bulir de Coco pola dereita,o aceptable partido de Pita(Xa era hora de velo xogar) e tamén o bo partido de Tobe na portería.
No aspecto negativo a reacción de Miguel pero moito peor a de Pedro xa que este,cerca do final do partido autoexpulsouse dándolle una patada a un rival sen mediar balón.
Conocendo o noso entrenador Xelo non creo que lle saia gratis esta conducta absurda.
Polo Numancia: Tobe, Miguel, Antón, Martín, Jorgito(Juanra), Coco, Díaz(Álvaro), Pedro, Pita(Víctor), Jorge(Dani), Manu.