JOSE MARÍA VARELA, (CHEMARI) ADESTRARÁ AO NUMANCIA XUVENIL 2018 - 2019
CHEMARI E CARTELLE CONTINUARÁN AO MANDO DO EQUIPO XUVENIL DA ENTIDADE
O próximo luns 6 de Agosto, as 20:00 en Prados Vellos, terá lugar a presentación do equipo xuvenil do Numancia. Ao igual que sucede co primeiro equipo, a continuidade do traballo da pasada temporada será a tónica dominante. Para iso, Chemari e Cartelle liderarán aos rapaces por segundo ano consecutivo.
Causan baixa no plantel de xogadores, Pablo Ferro, Adrián Aneiros e Carlos Piñeiro (xa que finalizaron a sua etapa en idade xuvenil),
Adrián Garcia (motivos persoais) e Pablo Cavezza (Galicia de Mugardos).
Incorporánse ao equipo procedentes do equipo cadete, os xogadores, Mario García, Alberto Hermida, Pablo García, Emilio Sánchez e Mario Martínez.
O equipo xuvenil ten algúns cambios, pero manten a base sólida do plantel que a temporada pasada finalizaba en séptima posición da Liga Xuvenil, incorporando aos cadetes que durante dous anos consecutivos veñen finalizando en segunda posición no grupo B da Liga e proclamándose tamén por duas veces campións da Copa AFACO. O cadro de xogadores está aínda aberto, e quedará definido ao igual que sucede co primeiro equipo, a medida que avance a pretemporada, que ten estos partidos confirmados:
NUMANCIA DE ARES - GALICIA DE CARANZA (Liga Galega Cadete). (Venres 10 de Agosto ás 19:00 en Prados Vellos)
TROFEO XAMONERÍA - VINOTECA PORTA DO SOL - A CASA NOVA. (Sábado 18 de Agosto, de 17:00 a 21:00 en Prados Vellos)
NUMANCIA DE ARES - GALICIA DE MUGARDOS (17:00) - Primeira Semifinal
CCRD PERLÍO - SD O VAL (Liga Galega Xuvenil) (18:00) - Segunda Semifinal
TERCEIRO E CUARTO POSTO (19:00)
FINAL DO TORNEO (20:00)
NUMANCIA DE ARES - MEIRÁS CF (Venres 24 de Agosto, ás 20:00 en Prados Vellos)