XUVENÍS: NUMANCIA, 2 - AS PONTES, 6

 

¡¡¡ÁNIMO FRAN¡¡¡

 
Partido correpondiente a primeira xornada Liga xuvenil, no seu primeiro grupo, disputado na tarde do sábado en Prados Vellos.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Tito, Jaime (Antonio), Raúl, Pablo Vascós, Pablo Ferro, Adrián (Piñeiro), Dani (Fran Romaus), Fran Anido (Adri García) , Martín (Alex Saavedra), Cavezza, Iván.

Adestrador: Chemari

Delegado: Manuel Cartelle

CD AS PONTES: Meidan, Dani, Sergio, Pablo, Bruno, Marcos, Óscar, Jose, Cazás, Xose, Andrés. Carlos, Adega, Silva, Cristian.

Adestrador: Felipe Mieres

Delegado: Suso Fernández

COLEXIADO: Jose Luís Corral Franco. Amonestou a Adrián e Raúl no Numancia e Andrés, Jose e Cristian no As Pontes.

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2017-2018. Numancia de Ares, 2 - CD As Pontes, 6.COMENTARIO: Comezaba unha Liga para o Numancia na que se medirá aos 11 mellores conxuntos xuvenís de Ferrolterra, Eume e Ortegal. Para comezar, visitaba Prados Vellos o campión do grupo "A" da fase previa, un CD As Pontes que foi o mellor equipo que pasou por Prados Vellos ata o momento, e que sen dúbida loitará polo titulo de Liga e polo ascenso a Liga Galega.

Comezaba forte o Numancia no partido, con duas chegadas claras. Na primeira a parroquia local reclamaba un penalti. Na segunda, Cavezza envíaba o balón por fora,rozando ó poste. No minuto 13, chegaba o 0-1 para os ponteses. Posteriormente, Iván erraba unha clara ocasión cando estaba diante do porteiro. No 15, chegaba o 0-2 para os As Pontes, o que sería un mazazo para os numantinos. Para colmo de males, no 21 chegaba o 0-3 que parecía sentenciar o partido. No 31, nova ocasión clara do Numancia por medio de Cavezza. Raúl no 35, cabeceaba un córner moi cerca da portería pontesa. No 37, noutro corner, chegaba o 0-4 para os da vila mineira. Antes do descanso, Cavezza enviaba un balón ao pau. 0-4 no intermedio, nunha primeira parte no que os ponteses dominaron ó xogo e foron mais eficaces cun Numancia que non aproveitou as ocasións claras de gol que se lle presentaron durante os primeiros 45 minutos.

Na segunda metade, con todo o peixe vendido, o Numancia mellorou no aspecto ofensivo. Os dous goles dos numantinos chegaron a balón parado. No 57, Vascós remataba un saque de esquina. No 60, golazo de Martín pola escuadra no lanzamento dunha falta (ver foto). 2-4 a falta de 30 minutos. Introducía Chemari un dobre cambio, entraban dous remeiros, Antonio e Piñeiro para buscar dar empuxe e forza ó equipo por babor e por estribor. Os ponteses pechaban o marcador con dous novos goles que establecían o 2-6 final.

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2017-2018. Fran romaus. ¡¡¡Ánimo Fran!!!En resumo, o Numancia deu á cara por momentos e competiu cun dos equipos mais fortes da categoría. Claro está que para puntar ante estos equipos, hai que estar ao cen por cen durante os 90 minutos, aproveitar as ocasións e non dar facilidades. Pouco a pouco.

O peor do partido, foi a lesión de Fran Romaus. Saltaba ao campo o bo de Fran no minuto 80, para lesionarse na rodilla dous minutos despois. Unha mágoa xa que Romaus reaparecía cando parecía olvidar outros problemas físicos anteriores. Sabemos que Fran e un chaval moi bravo e forte e que sairá desta nova lesión. Agardamos verte pronto recuperado polos campos de fútbol. 

¡¡¡ÁNIMO FRAN¡¡¡

A vindeira fin de semana, Rápido de Neda - Numancia no Municipal de Neda.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡
 

Acceso á Galería de imáxes do encontro

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.