XUVENÍS. CALENDARIO DE PRETEMPORADA 2016/17
MÉRCORES, 10 DE AGOSTO, PRESENTACIÓN.
Onte á tarde xuntáronse en Prados Vellos uns vinte rapaces que formarán o cadro de xogadores xuvenís da temporada 2016/17. Os seus técnicos, Miguel Carballeira e José Antón, explicáronlles os obxectivos e a planificación dunha pretemporada que botará a andar o mércores, 10 de agosto, ás 20.30 h. Haberá unhas 3 sesións semanais de adestramento e varios partidos amigables, sendo o primeiro o que se disputará o sábado 20 de agosto co equipo coruñés do Ciudad Jardín. Tamén está previsto a celebración do V Torneo cuadrangular “A Casa Nova” para o seguinte sábado, 27 de agosto, no que participarán o Galicia de Mugardos, o Rayo Sadense, o D. Obrero e o Numancia.
Despois da brillante temporada pasada, coa consecución do título de liga, os xuvenís numantinos intentarán formar un equipo competitivo que saia a disputar todos os partidos con posibilidades de vitoria.