Xuvenís: AS PONTES 3 – NUMANCIA 2

S.D.R. Numancia de Ares. temporada 2009-2010. Categoría Juvenil. AS Pontes 3- Numancia 2Disputado partido hoxe nas Pontes entre o Numancia e o equipo das Pontés, un dos presumibles galos da categoría.

 

 06/09/09

Polo Numancia xogaron: Iván, Miguel, Martín, Jorgito , Gabo (Manu m.52), Coco ,Pedro(Álvarom63),Juanra(Jonny m76), Víctor (Amenedo m.70), Dani (Ezra m82 ) e Jorge.

Árbitro: ben. E moií probable que con outroárbitro Pedro acabase o partido antes de tempo.

Goles:

0-1: minuto 22:Un dos centrais das Pontes faise un lío co seu porteiro e deixanlle o balón a Coco que aproveita para marcar a media volta desde o bordeda área.

1-1: minuto 45: Falta frontal que sacan os ponteses dende uns vinte metros fora da área.O centro lateral a media altura supera a nosa zaga sen que ningún meterá a cabeza e ademais dous xogadores rivais gañan a espalda dos zagueiros rematando un a bote pronto de forma impecable.

2-1: minuto 59: Martín sale a un cruce dentro da área de xeito un pouco acelerado e ainda que él di que tocou o balón pola dirección na que saíu este o lóxico e que o árbitro pitara penalti que as Pontes converteu de tiro axustado que petou no pau por dentro.

3-1: minuto 89: Gol das Pontes nunha contra cando xa o Numancia estaba arriscando cunha defensa de tres homes, o tiro o paofoi remachado a rede por un centrocampista pontés.

3-2: minuto 90: No saque de centro o noso adestrador Xelo manda a Jorge que tire directamente a porta e entre que saíu un bo tiro, o vento a favor e a pouca estatura do porteiro que ademais estaba adiantado marcamos un golazo desde o mediocampo.

Posta de largo do equipo xuvenilna liga 2009/2010 nun partido entretido xogado nunhas boas condicións meteorolóxicas aínda que un pouquiño influído polo vento de nordeste que soprou con forza durante o longo do partido.

O partido en si foi nivelado e probablemente o resultado mais xusto houbera sido un empate,o noso equipo tivo a sorte de adiantarse nunha xogada desafortunada dos ponteses pero tamén sufriu o gol do empate no tempo de desconto da primeira parte.

Futbolisticamente falando o partido foi regular, tenso, pero con dous equipos os que se lles vía pouco finos no movemento do balón aínda que loitando duro.

Probablementeo Numancia non vai marcar dous goles en moitos dos partidos que disputemos esta tempada e polo tanto vai ser necesario non recibir goles xa que o equipo fáltalleclaramente un home gol(Dani e Manu aínda non se estrearon nin sequera na pretempada).

Tamén na miña opinión falta un pouco de liderazgo nalgúns dos rapaces de último ano que tiñanque liderar os novos e impoñer o tempo e o ritmo do partido, pode ser tamén que as lesións de Díaz, Pedro(nada que ver co que estivo excepcional na final de copa),Gabo, Pita,Coco,condicionen o seu estado de forma.

Hoxe non vamos destacar nin criticar o traballo de ningún dos rapaces xa que todos loitaron arreo e vamos darlles a todos un aprobado. Neste aprobado incluímos a Xelo que intentou tódalas variantes tácticas para tentar igualar o partido primeiro adiantando a raía de presión e finalmente quedando atrás cunha defensa de tres.

Rafa

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.