Xuvenís: Eume, 0 - Numancia, 5

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2014-2015. Primera Autonómica. Eume, 0 - Numancia, 5. A Gándara - Pontedeume

Intensidade, bo xogo e acerto

Vitoria por cero a cinco do equipo xuvenil da ADR Numancia de Ares na súa visita ó campo de A Gándara de Pontedeume para enfrontarse ó Eume Deportivo. O encontro disputado no serán do sábado correspondente a terceira xornada do Grupo 4º de primeira autonómica chegou ó descanso con vantaxe visitante de cero tantos a tres.
 
A Gándara, Pontedeume a 6 de decembro de 2014.
 
Aliñacións.
 
Eume Deportivo: Jaime (Marcos) , Fran, Cristian, Josete, Pablo Regueiro, Fachal (Antón), Guti, Pablo Díaz, Yeray, Alex Feal e Dani Vázquez (C).
 
Adestrador: Álvaro Rodríguez Vidal.
Delegado: Roberto C. Beceiro Iglesias.
 
ADR Numancia de Ares: Roberto (Kike), Emi, Darío (David), Óscar, Nico, Berto (Miguelín), Miguelito (Rolo), Carlos, Ángel, Martín (C) e Marcelo (Miguel).
 
Adestrador: ---
Delegado: José Antonio Couce Iglesias.
 
Árbitro:  D. Borja Gundín Barreiro, amosou cartóns amarelos a  Fran e Dani Vázquez  para os locais e a Miguelín para os visitantes
 
Goles: Ángel, Darío, Martín, Marcelo e Rolo.
 
0:1 [2’] Ángel: Xogada iniciada por Carlos en medio campo partindo de banda dereita con condución e apoio en Miguelito quen devolve de primeira a Carlos i éste a súa vez mete o balón a banda esquerda para a entrada de Marcelo quen chega ata a liña de fondo dentro da área e asiste sobre a entrada de Ángel dende atrás que bate ó meta local.
 
0:2 [6’] Darío: Rexeite local que chega a pes de Darío preto do pico esquerdo da área eumesa. Disparo a porta que sorprende ó meta local entrando o balón pegado ó longueiro.
 
0:3 [32’] Martín: Novo rexeite local que chega a pes de Martín preto da media lúa e que aproveita para golpear coa esquerda e poñer na escuadra á dereita do meta local facendo inútil a estirada deste.
 
0:4 [57’] Marcelo: Xogada en banda dereita de Carlos con pase ó pico da área para Marcelo o cal desfacéndose da súa marca encara ó porteiro e tras driblalo anota a porta valeira.
 
0:5 [80’] Rolo: Xogada por banda esquerda con balón de Martín sobre a entrada por banda de Ángel. Recorte á defensa local e centro cara a área para a entrada de Rolo quen de reviravolta anota o definitivo 0:5.
 
 
 
 
Partido complicado a priori con baixas importantes en ambos bandos. Saíu o Numancia con moita intensidade sabedor da dificultade de enfrontarse ó conxunto eumés. Nunha xogada moi ben elaborada, no minuto dous, iniciada por Carlos en medio campo partindo de banda dereita con condución e apoio en Miguelito. Este  devolve de primeira a Carlos i novamente ó primeiro toque mete o balón a banda esquerda para entrada de Marcelo ás costas da defensa. Marcelo chega ata a liña de fondo dentro da área e asiste sobre a entrada de Ángel dende atrás que bate ó meta local. 
 
O gol desaxustou un pouco ós locais e lonxe de rebaixar a intensidade visitante ésta medrou e seguiuse atacando permitindo a Darío, no minuto seis,  aproveitar un rexeite e poñer o balón preto do longueiro sorprendendo ó meta local.
 
Con dous a cero baixou un pouco a intensidade visitante e permitiu chegar ós locais ainda que con xogadas pouco claras e sobre todo a balón parado.
 
Tras un período de leve relaxación voltou a tomar o mando do partido o Numancia e novamente aproveitou un rexeite para anotar Martín o terceiro tanto no minuto trinta e dous cun disparo dende fora da área que entrou pola escuadra sen que o meta local puidera facer nada para evitalo.
 
Con un Numancia moi enchufado e un Eume que acusaba en exceso as baixas chegouse ó descanso coa vantaxe visitante de tres tantos.
 
Na segunda metade o conxunto aresán saíu a pechar o encontro e dispuxo de acercamentos perigosos que culminarían ós doce minutos cun novo gol visitante, agora a pes de Marcelo quen se vai dentro da área do seu marcador e tras driblar ó porteiro anota a porta valeira aproveitando así unha boa asistencia de Carlos dende a banda dereita.
 
Os de Ares incluso desaproveitarían un penalti a favor. Ángel tería un disparo ó pau, e tamén os locais estrelarían un balón no longueiro na súa ocasión máis clara. O Numancia realizou todos os trocos pero non variou, nin na intensidade, nin no xogo, nin no acerto. Asi pois no oitenta Rolo pechaba o marcador aproveitando un centro de Ángel dende a dereita despois de que a xogada nacera en Martín en medio campo.
 
En resumo, partido moi completo do conxunto aresán, seriedade en todas as liñas, intensidade que facía que cada liña fora un filtro onde o xogo local quedaba atrapado dificultando a súa progresión e facendo que case non tiveran ocasións de perigo. Á o bo traballo defensivo sumouse a calidade na elaboración en medio campo, e a diferenza de outros encontros a eficacia cara á porta.
 
Con este triunfo retomase a primeira posición na táboa con sete puntos en tres encontros seguidos moi de preto por Portuarios, Perlío e Narón con seis puntos. Precisamente o Narón visitará Prados Vellos a vindeira xornada no que será coma todos os desta liga un difícil encontro no que haberá que saír igual ou máis motivados si cabe que  fronte o Eume.
 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.