Xuvenís: Numancia, 4 - San Sadurniño, 0

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2014-2015. Liga Local 1ª jornada. Numancia, 4 - San Sadurniño, 0. Prados VellosArranque con vitoria.

Vitoria por catro a cero do equipo xuvenil da A.D.R. Numancia de Ares fronte o San Sadurniño, na primeira xornada do grupo 4º da Primeira Autonómica. O encontro disputado en Prados Vellos no serán do sábado chagou ó descanso con vantaxe local por un tanto a cero.

Prados Vellos, Ares a 22 de novembro de 2014.


 Aliñacións

  

A.D.R. Numancia de Ares: Roberto (Kike), Emi, José Manuel (Darío), Pablo Cartelle (Óscar), Fran, Iván (C) (Miguel), Miguelito (Rolo), Martín e Marcelo.

Adestrador : Alejandro González Domínguez.
Delegado: José Antonio Couce Iglesias
.

San Sadurniño : Yuste (Miguel López), Gabri, Marchena, Senra, Martín (Miguel Lamas), Fran, David, Antón (C), Manu, Alex e Rubén (Peli).

Adestrador: Óscar Meilán Gómez
Delegado: Ramón Aboal Fernández

 

Árbitro: D. Miguel Ángel Piñón López. Amosou cartón amarelo a Pablo Cartelle do Numancia.

Goles: Iván, Carlos, Pablo Cartelle e Martín.

1:0 [34’] Iván: Recepción de Iván de costas á porta no borde da área. Cede a Miguelito que ven de cara i este devólvelle o balón a Iván por riba da defensa. Iván encara ó meta visitante e cruza o balón o pau dereito da meta do San Sadurniño establecendo o un a cero.

2:0 [62’] Carlos: Saída dende atrás de Darío por banda esquerda. Apoio en Iván e devolución a Darío para que chegue a liña de fondo. O centro de Darío o remata no primeiro pau Carlos adiantándose á defensa e sen dar opción o meta visitante.

3:0 [63’] Pablo Cartelle: Saque de esquina de Fran e remate na área pequena de Pablo Cartelle elevándose por riba da defensa e porteiro visitante.

4:0 [82’] Martín: Novo saque de esquina de Fran que Martín remacha á rede entrando ó segundo pau dende atrás.

 

 

Principiaba a liga de xuvenís local que da opción as prazas de promoción á liga galega. E o conxunto aresán saíu serio e mentalizado para facer un bo partido. Os visitantes inicialmente trataron de irse arriba e buscaban sobre todo a estratexia a balón parado. Con todo non fixeron ocasións claras ainda que en un par de saque de esquina e algunha falta xeraron algún apuro para a zaga local.

Pouco a pouco o Numancia foise asentando e con unha defensa acertada e con unha boa intensidade de todo o conxunto empezaron a chegar as ocasións pero o meta visitante estivo inspirado. O gol na primeira metade chegaría á contra despois dunha recuperación en área local e transición rápida para chegar o balón a Iván que anotaría o único tanto con o que remataban os primeiros 45 minutos.

A segunda metade foi moito mellor que a primeira para os locais que mantiveron a intensidade no xogo i anotaron tanto en xogada, Carlos, como a balón parado Pablo Cartelle e Martín. Boa segunda metade onde pouco chegou o San Sadurniño agás un par de saques de esquina ben resoltos pola defensa local. Pola contra os locais dispuxeron de un par de ocasións máis para anotar pero unhas veces a falta de puntería e outras o acerto do rival  impedironno.

En resumen, bo arranque ligueino dos aresáns con intensidade, mantendo a porta a cero, xerando ocasións e anotando. Agora a manter esta liña o vindeiro fin de semana fronte á E.F. Ensanche que visitará Prados Vellos.

Resultados, clasificacións e actas neste enlace.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.