Xuvenís: Numancia, 5 - Miño, 3

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2014-2015. Grupo A Copa Local. Numancia, 5 - Miño, 3. Prados VellosRemontada

Vitoria do A.D.R. Numancia de Ares por 5 a 3 fronte o A.D. Miño en partido correspondente a xornada 10ª do grupo "A" da Copa Local. O encontro disputado no serán do sábado en Prados Vellos chegou ó descanso con vantaxe visitante de 1 a 3.

 

Prados Vellos, Ares, 9 de novembro de 2014.

Aliñacións:

A.D.R. Numancia de Ares: Kike (Agustín), David, Darío (José Manuel), Óscar, Nico (Emi), Fran, Marcelo, Miguelín (Rolo), Iván (C), Martín, Novoa (Carlos).

Adestrador: Alejandro Gónzalez Domínguez

Delegado: José Antonio Couce Iglesias

A.D. Miño: Diego Rodríguez, Jesús, Diego Pérez (Fernando), Ayub, Jonathan, César (Casas), Miguel (Doural), Yago, Iván (C) ( Fornos).

Adestrador: Pablo Bernardo Castiñeira

Delegado: Daniel Pena Bouza.

Árbitro: D. Alberto Cinza Seoane, amosou cartóns amarelos a Nico, Martín e José Manuel polo Numancia e a Casas e Jesús, a éste por partida dobre, no Miño.

Goles: Alex, Jonathan e Yago para o Miño e Iván, Rolo, José Manuel, Martín e Carlos para o Numancia.

1-0 [ 6’] Iván: Penalti por mans de Jesús que transforma Iván.

1-1 [39’] Alex: Entrada por banda dereita de Alex que chega sen moita oposición fronte a Kike ó que bate por baixo de tiro cruzado.

1-2 [44’] Jonathan: Barullo na liña de fondo á dereita do ataque visitante preto da área grande que resolve Jonatan con un disparo con efecto que sorprende a Kike por alto entrando polo segundo pau.

1-3 [45’] Yago: Erro na entrega da defensa numantina que permite a Yago entrar na área polo centro e batir a Kike na súa saída.

2-3 [55’] Rolo: Balón de Emi a Rolo quen dende o pico dereito da área pequena revolvese e bate ó porteiro de tiro raso e cruzado.

3-3 [63’] José Manuel:  Pase dende dentro da área grande de Carlos de dereita a esquerda que chega a Jose Manuel quen bate de forte disparo pegado ó pau.

4-3 [65’] Martín: Entrada elaborada por banda esquerda con centro final de Marcelo cara atrás sobre a entrada de Martín quen dende o borde da área dispara un forte tiro que axustado ó longueiro remata no fondo da rede.

5-3 [82’] Carlos: Recuperación en campo propio con saída rápida de Iván e pase en longo sobre a entrada de Carlos. O primeiro disparo é rexeitado polo porteiro é aproveitado novamente por Carlos para marcar a porta baleira.

 

 

Visitaba o Miño Prados Vellos nun serán chuvioso aliñando nas súas ringleiras a dous rapaces que xogaban no Numancia a temporada pasada, Jesús e Diego Pérez, e que voltaban a Ares agora coma rivais dos seus antigos compañeiros.

O partido comezou poñendose moi ben para os locais ó apreciar o colexiado unhas mans dentro da área visitante de Jesús, decretando o penalti correspondente. Iván sería o encargado de anotar deste xeito o primeiro tanto local no minuto 6.

A partir de entonces os locais foron caendo en picado facendo unha moi mala primeira metade permitindo ó rival achegarse con perigo á meta de Kike. Só a falla de puntería e os acertos do meta local impedían que chegara o empate.

Tanto tentar á sorte acabou esgotándose ésta e así en cinco minutos o Miño acadaría tres tantos chegándose ó descanso có resultado de 1 a 3. A realidade era que os locais estaban xogando desastrosamente e meteron eles solos ó rival no encontro facilitándolles ás ocasións de gol.

A segunda metade mudou completamente, os locais saíron moi centrados e con moitas gañas a polo partido. Tras unha ocasión de Carlos que rematou en choque co meta visitante e co xogador local mancado recibindo asistencia na banda. Rolo anotaría a pesar de estar en inferioridade numérica. Logo xa cos once xogadores no campo chegarían en dous minutos os goles de José Manuel e Martín froito non so da intensidade senón que tamén se estaba a xogar tocando o balón. O resultado o pecharía Carlos deixando o 5 - 3 definitivo xa fronte un Miño con dez xogadores pola expulsión por dobre cartón amarelo de Jesús no minuto 76.  Os visitantes só amosaron perigo nun par de xogadas pero atoparon a un Agustín moi seguro.

En resumo, pésima primeira metade chea de erros no pase, falta de intensidade e sen ideas co balón polo aire case constantemente. Segunda metade chea de intensidade con elaboración de xogadas e con acerto rematador. 

Con esta vitoria e os resultados da xornada o Numancia e 4º no seu grupo con 17 puntos a falta dunha xornada para rematar esta primeira fase. Última xornada en Ferrol fronte o Portuarios B con miras a ir mellorando para afrontar unha segunda fase con os mellores equipos dos dous grupos e amosar unha boa imaxe e competir por acadar as prazas que dan opción ó a loita polo ascenso a liga galega.

 

Pulsa no seguinte enlace para os resultados e clasificación desta xornada.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.