Xuvenís: Maniños, 2 - Numancia, 3
Demasiado sufrimento
O Pote, Maniños (Fene) a 11 de outubro de 2014.
Aliñacións
S.D. Cultural de Maniños: Checho (C), Dopico (Sergio), Piñi, Fil, Rafa, Javi, Beci, Adrián, Busta, Galdo e Ivi.
Adestrador: Ibán Mourente Fernández
Delegado: Ignacio Marcos Doval.
A.D.R. Numancia de Ares: Roberto (Agustín), Emi (Darío), Rolo (David), Pablo Cartelle, Nico, Martín, Iván (C), Miguelín (Miguel), Ángel (Fran), Carlos e Marcelo.
Adestrador: Alejandro Gónzalez Domínguez
Delegado: José Antonio Couce Iglesias
Árbitro: D. Francisco López Gómez, amosou cartón amarelo a Beci do Maniños.
Goles: Fil e Sergio para o Maniños, Marcelo (2) e Iván para o Numancia.
0 - 1 [14’] Marcelo. Cambio de xogo de dereita a esquerda do ataque numantino. Control de Iván preto da lateral da área, centro cara o segundo pau para que remate de cabeza entrando dende atrás Marcelo.
1 - 1 [54’] Fil. Saque de esquina dende a dereita do ataque local. O balón chega o segundo pau para que despois de erros en remate e despexe o balón chegue a pes de Fil que anota o tanto do empate.
1 - 2 [77’] Marcelo. Xogada elaborada con saia de balón dende campo propio en contraataque de Fran. Apertura a banda esquerda cara a Iván. Pase ó centro a Carlos quen ante a saída da defensa e porteiro local asiste sobre a entrada de Marcelo pola dereita deixándoo solo para que anote o segundo tanto visitante.
2 - 2 [80’] Sergio. Balón ás costas da defensa visitante, falta de entendemento entre porteiro e defensa aproveitado por Sergio para bater dende fora da área a porta baleira.
2 – 3 [82’] Iván. Saque de banda preto da esquina que Darío pon sobre a entrada de Marcelo pola banda dereita. Entrada na área de éste en paralelo á liña de fondo e asistencia cara a Iván que entrando dende atrás conecta forte disparo que despois de petar no longueiro acaba no fondo da meta local.
Partido nun terreo de herba natural con irregularidades e algo brando. O Numancia tomou a iniciativa e buscou dende os primeiros minutos a meta local. Pronto se crearon ocasións claras e axiña chegou o gol. Os locais buscaban balóns en longo que a defensa aresana conseguía neutralizar. Despois de ter claras ocasión a pes de Ángel, Iván, Carlos e Marcelo solo se puido chegar con vantaxe de un tanto ó descanso.
Na segunda metade a primeira chegada a balón parado dos locais rematou en gol á saída dun saque de esquina. Ós visitantes viñéronse algo abaixo despois do empate e costou voltar a xerar perigo a pesar de dispoñer de faltas preto da área e múltiples saques de esquina. Ata que en cinco minutos de tolos chegaron tres goles, primeiro adiantouse o Numancia nunha boa xogada de contraataque, empatou axiña o Maniños nun erro defensivo visitante e novamente adiantouse o equipo aresán esta vez de forma definitiva. Con todo aínda houbo tempo para que tivera que intervir Agustín i evitar un novo empate.
Vitoria moi sufrida, onde a falta de acerto cara a porta puido acabar pasando factura ós aresáns. Pasouse dun primeiro tempo tranquilo con moitas chegadas, pero sen acerto cara a porta, a un segundo tempo con moitos nervios e imprecisións.
Toca mellorar para evitar erros e afinar a puntería, pois a vindeira semana chega a Prados Vellos o Eume Deportivo que aínda non coñece a derrota nesta competición i é segundo clasificado con 13 puntos en 5 encontros. O Numancia é agora quinto con 10 puntos empatado na táboa con S.D.C. Galicia de Mugardos (4º) e A.D. Miño (6º).