Xuvenís: Numancia, 1 - Meirás, 3
Paso atrás
Derrota dos xuvenís da A.D.R. Numancia de Ares fronte o Meirás C.F. por 1 a 3 na 5ª xornada de Copa Local no seu grupo A. O partido disputado no serán do sábado chegou ó descanso con empate a un tanto no marcador.
Prados Vellos, Ares a 4 de outubro de 2014.
Aliñacións:
A.D.R. Numancia de Ares: Roberto, Emi, Rolo (David), Pablo Cartelle, Nico, Martín, Iván (C), Miguelín (José Manuel), Miguelito (Miguel), Carlos e Marcelo.
Adestrador: Alejandro González Domínguez
Delegado: José Antonio Couce Iglesias
Meirás C.F.: Javier, Óscar (Alex Dopico), Jesús, Samuel, Iván Freire, Sergio Castro, Jonathan (C), Miguel Usín, Miguel Pena (Isma), Santiago (Iago López), Pablo (Iago Couce)
Adestrador: César López Souto
Delegado: Santiago Franco López
Árbitro: D. Borja Gundín Barreiro, amosou cartóns amarelos a Nico polo Numancia e a Iván, Jonathan e Isma polo Meirás.
Goles: Miguelito para o Numancia e Pablo, Iago López e Jonathan para o Meirás.
1 - 0 (11’) Miguelito: Xogada en tres cuartos de campo visitante con pase de Iván sobre a entrada de Miguelito o borde da área. Este último controla o balón e elévao por riba do meta visitante.
1 - 1 (35’) Pablo: Cambio de xogo dende banda esquerda ás costas da defensa local preto do pico da área pola banda dereita do ataque visitante. O balón e controlado por Pablo quen adentándose na área bate por baixo a Roberto.
1 - 2 (86’) Iago López: Entrada por banda dereita e balón ó punto de penalti para que Iago López fusile a Roberto anotando o segundo tanto visitante.
1 - 3 (89’) Jonathan: Con o equipo local en busca do empate un roubo de balón permite montar unha contra chegando o balón a Jonathan quen dende a banda dereita entra en diagonal batendo a Roberto na súa saída.
O equipo aresán iniciou o encontro ben plantado no campo xerando perigo e conseguiu adiantarse no marcador grazas a unha boa xogada entre Iván e Miguelito. Pouco a pouco o Meirás foi chegando á meta local e necesitouse das boas intervencións de Roberto para manter a porta a cero.
Con vantaxe no marcador os locais dispuxeron de dúas boas accións pero o meta visitante Javier tamén fixo ben o seu traballo i evitou os tantos numantinos.
Pouco a pouco o conxunto local cedía o medio campo e o perigo comezaba a chegar polas bandas. Así no minuto 35 lograría o empate Pablo.
O Numancia perdía a batalla en medio campo e facía que a defensa e o porteiro traballaran a reo para conseguir chegar con empate a un tanto ó descanso.
A segunda metade foi dominada polo Meirás, os locais tiñan o equipo partido en dous e o empate se mantiña grazas ás boas intervencións de Roberto. Con todo o ataque numantino xerou dúas ocasións moi claras para marcar unha sacada polo meta visitante cando o balón buscaba a escuadra e outra con un centro que pasou por diante de defensa e ataque sen que ninguén fora capaz de tocar o balón.
A insistencia visitante tivo premio no minuto 86 anotando o segundo tanto e deixando afundido ós locais que tentaron buscar o gol para empatar pero acabaron recibindo o terceiro.
Mal encontro dos locais, sobre todo na segunda metade, superados en medio campo e sen acerto en ataque. Faltos de intensidade no xogo, concedeuse demasiadas oportunidades ó conxunto rival. Rival que non renunciou ó ataque, e acadou o premio da vitoria. Esta derrota ante un rival directo, supón un paso atrás nas aspiracións numantinas de meterse nos seis primeiros para clasificarse no grupo que xogará polo título e as prazas de ascenso.