XUVENÍS. PRESENTACION.
Tamén botou a andar o balón en Prados Vellos para os xuvenís do Numancia, que un ano máis estarán dirixidos por Alex González.
Na tarde de onte tivo lugar a presentación, e primeiro adestramento do equipo xuvenil 2014-15.
Ares, 12 de agosto de 2014.
Alex contará para esta temporada cunha plantilla moi extensa. Os xogadores que fixeron a presentación na tarde de onte en Prados Vellos foron os seguintes:
Continúan da pasada temporada: Adrián, Darío, Miguelito, Alberto, Andrés Nóvoa, Ángel, Iván, Marcelo, Martín, Miguel, Agustín, Brais, Kike, José Manuel, Diego Couce, Juan, Roberto e Gabi. A eles hai que engadir a chegada dos cadetes, Antonio Lozano, Birama, Carlos Vázquez, David Gil, Emi, Fran, Miguelin, Nico, Oscar, Pablo Cartelle, Rolo e Sergio Rico.
Durante esta primeira semana os adestramentos serán o martes e mércores, estando previsto un partido amigable co R. de Neda para o xoves, 14 de agosto, ás 18:30 h en Prados Vellos.
A vindeira semana, do 18 ao 24 de agosto, os adestramentos serán o luns, martes e mércores ás 20:30 h. O xoves 21, os xuvenis desprazaranse ata o Carregal (Betanzos) para enfronrse o equipo local as 19:00 h.