Inicio Noticias Xuvenís XUVENIS. NUMANCIA, 3 - EF ENSANCHE, 3.
 
 

XUVENIS. NUMANCIA, 3 - EF ENSANCHE, 3.

RESULTADO XUSTO.

Partido correspondente á vixésimo oitava xornada de liga local xuvenil disputado na tarde do sábado en Prados Vellos que rematou en empate a tres. Ao descanso o resultado era de empate a dous.

 


Ares, 5 de abril de 2014.

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Roberto (Xaime), José Manuel (Roque), Pepe (C), Alberto, Darío (Juan), Couce (Borja), Iván, Martín, Ángel, Miguelito (Miguel) e Marcelo.

Adestrador: Alejandro González Domínguez.

2º adestrador: Manuel Antonio Bardanca López.

Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

EF ENSANCHE: Javi, Fraga, Salceda, Raúl, Julián (C), Marcos, Ito, Germán (Víctor), Borja, Cope (Dani Álvarez) e Dani Díaz (Iván).

Adestrador: José Antonio Rivera López.

Delegado: Francisco Gómez Costoya.

ARBITRO: José Priegue Leis. Amoestou a Pepe, Juan e Alex (adestrador) polo Numancia, polo Ensanche tamén viron o cartón amárelo Germán e Víctor.

GOLES:

0 - 1: Germán (min 25), de penalti.

1 - 1: Martín (min. 26), pase en profundidade a banda esquerda de Miguelito para Ángel, éste vaise cara ao centro paralelo á liña da área grande devolvendo o balón de novo para Miguelito, quen abre para Martín en banda dereita, este último dispara raso dende o pico da área pequena, o balón roza na base do pau e cóase na portaría.

2 - 1: Marcelo (min 39), xogada persoal de Iván por banda esquerda que finaliza cun disparo cruzado ao segundo pau por onde entra Marcelo para empurrar o balón ao fondo da portaría.

2 - 2: Borja (min 44), balón ás costas dos defensas locais que nin Pepe nin Marcelo acerta a despexar, Boja faise o esférico para nun man a man con Roberto batelo por abaixo.

2 - 3: Dani Díaz (min. 48), centro de Borja dende a dereita que chega a Dani libre de marca no segundo pau, quen define cun disparo por abaixo dentro da área pequeña ante Xaime.

3 - 3: Iván (min. 53), xogada de combinación por banda esquerda entre Iván e Ángel con centro á área deste que remata Iván de cabeza ao fondo da rede.

 

 



Terceiro empate consecutivo do conxunto numantino, nesta ocasión fronte á EF Ensanche, un equipo da parte alta da táboa que se encontra na loita por unha das prazas que dá opción a xogar a fase de ascenso a liga galega.

A bo seguro que deste partido tamén tomarían boa nota os corpos técnicos de ambos os dous equipos, xa que o Numancia e a EF Ensanche, volverán verse as caras o próximo 25 de maio en A Gándara, na Copa Delegación de Ferrol.

O partido disputado na tarde do sábado en Prados Vellos foi moi interesante, disputado, de bo ritmo, sobre todo no segundo período, e con alternativas e goles por parte dos dous conxuntos. Finalmente o choque rematou nun empate que se pode considerar de xustiza despois do visto no terreo de xogo.

A primeira metade foi de centrocampismo total na primeira media hora, cun Numancia que tratou de levar a iniciativa do xogo. As aproximacións ás áreas foron escasas por parte dos dous equipos, polo que houbo que esperar ao último cuarto de hora do primeiro período para ver as ocasións e os goles.

Rescatamos dos primeiros trinta minutos, un disparo de Raúl no minuto catro que se vai por un lateral da portaría. E un córner, no minuto vinte, que se pasea pola área sen encontrar rematador, ambas as dúas ocasións dos visitantes.

No minuto vinte e cinco adiantábase o Ensanche de penalti transformado por Germán, 0 - 1. Pouco duraría a alegría visitante posto que no minuto seguinte, nunha xogada de combinación dos de Ares, Martín poñía a igualada no marcador, 1 - 1.

O gol do empate levantou os ánimos locais que pasaron pouco a pouco a marcar claramente o ritmo do partido. Froito diso, Marcelo a cinco minutos do descanso remontaba o resultado e poñía por diante aos de Ares, 2 - 1. Pouco despois do segundo gol local, xogada de contraataque que conduce Iván pola dereita, pase medido cara ao centro para a entrada de Ángel quen remata excesivamente alto diante do porteiro. Volvería ter outra ocasión Ángel pouco despois nun man a man co porteiro visitante pero tampouco definía diante deste. Desta ocasión marrada polos locais sairía un rápido contragolpe do Ensanche cun balón ás costas da defensa que se leva Borja, e quen sí define fronte a Roberto para empatar o partido, 2 - 2. ¡¡¡ Goles son amores!!!, os de Ares perdoaron dúas ocasións consecutivas, e dun posible tres, ou catro, a un, fómonos ao descanso cun empate a douses.

A segunda metade foi de moito máis ritmo que a primeira. Os dous equipos querían os tres puntos polo que pasaron ao futbol ofensivo nada máis saltar de novo ao terreo de xogo. Aínda que houbo menos goles que no primeiro período, as ocasións foron máis numerosas.

Aos tres minutos da reanudación, os do Ensanche volvía a poñerse por diante no marcador, nesta ocasión era Dani Díaz o que definía nun man a man diante de Xaime, 2 - 3. Apenas cinco minutos despois era Iván, o que de remate de cabeza a centro de Ángel volvía as táboas ao marcador, 3 - 3. Resultado que ao cabo sería o definitivo.

Nos vinte minutos seguintes de partido volverían ser os de Ares os que terían a posesión e os que xerarían maior sensación de perigo ante un conxunto ferrolano que contragolpeaba con balóns en longo.

Catro minutos despois do gol local, Ángel volvería ter unha nova ocasión fronte ao porteiro visitante ao que trata de superar por arriba na súa saída, pero o cancerbeiro roza o suficiente o balón para desvíalo a córner. Contragolpeaban os ferrolanos no minuto 62, cun disparo dende o pico da área de Borja que se estrelaba no longueiro. E no minuto 65, a ocasión sería para os de Ares cun centro de Borja dende a dereita que Ángel só no segundo pau, non acerta a meter na portaría.

Volvería pouco a pouco a igualdade ao terreo de xogo, para ser o conxunto de Ferrol, o que no tramo final, levase as rendas dun partido que se volvería algo tolo nos minutos finais cos dous equipos en busca do gol da vitoria.

No minuto 70, nova ocasión aresana cun disparo lateral de Juan dende a dereita que se vai por enriba do longueiro.

No minuto 77, a ocasión era para o Ensanche cun balón en profundidade pola esquerda ao que sae o porteiro local, o dianteiro ferrolano dríblao e pon un centro chut ao que non chega Borja en boca de gol.

No minuto 84, disparo cruzado de Borja que se vai pegado ao pau da meta local. Na xogada seguinte a ocasión era para os de Ares, pero o disparo de Iván tamén se vai polo lateral da portaría.

No minuto 90, novo balón ao longueiro do Ensanche, nesta ocasión de disparo lateral de Ito.

Sen tempo para máis, finalizaba o partido co coñecido resultado de empate a treses, polo que quedan as espadas en todo o alto de cara ao enfrontameno de Copa, que será a partido único, o próximo 25 de maio.

Neste partido debutaba nas filas numantinas, Borja Vilasánchez, que retornaba a Prados Vellos despois do seu paso polo Racing de Ferrol, onde xogou na categoría xuvenil de Liga Nacional co conxunto ferrolano. Dende aquí aproveitamos para darle a benvida de volta á casa.

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.