Xuvenís: San Sadurniño, 3 - Numancia, 1

A.D.R. Numancia de Ares. Cadetes 2013-2014. San Sadurniño, 3 - Numancia, 1. A PiscinaAfundidos na piscina

 Último encontro do ano 2013 do conxunto xuvenil resolto con derrota na súa visita ó campo da Piscina de San Sadurniño onde os locais impuxeronse por 3 a 1, ó descanso o resultado era de 2 a 1 favorable ó Sansa.

 

A Piscina - San Sadurniño, 21 de decembro de 2013

 Aliñacións

San Sadurniño: Bruno, Miguel, Fran Piñeiro (C), Yeray Santiso, Fran Calderón, David, Antón, Manuel (Marcos), Iván, Alberto (Cristian) e Yeray Méndez.

Adestrador: Marcos Pantín Leal

Delegado: Roberto Pita Pena

Numancia: Agustín (Xaime), Darío, Pepe (C), Jesús (Isaias), Alberto, Martín, D. Pérez (Ángel), D. Couce (José M.), Iván, Miguel (Roque) e Marcelo .

Adestrador: Alejandro González Domínguez 

2º Adestrador: Manuel A. Bardanca López

Delegado: José Antonio Couce Iglesias

Árbitro: Miguel A. Piñón López amosou cartón amarelo a Antón, Manuel, Yeray Santiso e Iván, este por partida dobre polo San Sadurniño e a Miguel, Jesús, Roque e Alberto, este último tamén con dobre cartón por parte do Numancia.

Goles:  Alberto, Iván e Cristian para o San Sadurniño e Marcelo para o Numancia.

 

 

0-1: (17') Marcelo. Balón que controla Iván preto da liña de fondo por banda esquerda, pase cara atrás preto do pico da área para Pepe i este último centra con moita parabola fora do alcance do meta local para que Marcelo chegando dende atrás remate de cabeza preto do segundo pau.

1-1: (22') Alberto. Falta preto do pico da área dende a esquerda do ataque local. O centro cara a area visitante e rematado por Alberto que consigue impoñerse a zaga visitante.

2-1: (29') Iván. Xogada persoal de Manuel que entra pegado a liña de fondo caneando defensas e porteiro para poñer un pase casa atrás para que  Iván marque a pracer.

3-1: (56') Cristian: Xogada de contraataque con exceso de confianza na zaga visitante que permite a Cristian levarse o balón e batir dende a frontal da área a Xaime na súa saída.

Primeiro tempo donde os locais remontaron o tanto dos aresans e dispuxeron de algunha ocasión máis para aumentar o marcador. O Numancia non era quen de chegar con claridade a meta ben defendida por Bruno.

Segunda parte con saída máis decidida dos visitantes que puxeron en apretos ós locais pero sin acerco cara a porta. O xogo ofensivo aresán facilitaba as contras dos locais e grazas a unha de esas xogadas acompañada de un erro defensivo permitiu aumentar a ventaxe. Ainda así o Numancia puido acurtar distancias pero o conxunto de Prados Vellos está negado cara ó gol. Ata erraron unha pena máxima. 

Ó final nova derrota para pechar este ano 2013 no posto 12 con 16 puntos en 15 partidos. O conxunto numantino ten que coller folgos novos para sair de esta situación de afundimento anímico, de xogo e sobre todo de cara a gol.

Esperemos que o 2014 veña un pouco mellor. Ánimo rapaces!!!.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.