Xuvenís: San Sadurniño, 3 - Numancia, 1
Afundidos na piscina
Último encontro do ano 2013 do conxunto xuvenil resolto con derrota na súa visita ó campo da Piscina de San Sadurniño onde os locais impuxeronse por 3 a 1, ó descanso o resultado era de 2 a 1 favorable ó Sansa.
A Piscina - San Sadurniño, 21 de decembro de 2013
Aliñacións:
San Sadurniño: Bruno, Miguel, Fran Piñeiro (C), Yeray Santiso, Fran Calderón, David, Antón, Manuel (Marcos), Iván, Alberto (Cristian) e Yeray Méndez.
Adestrador: Marcos Pantín Leal
Delegado: Roberto Pita Pena
Numancia: Agustín (Xaime), Darío, Pepe (C), Jesús (Isaias), Alberto, Martín, D. Pérez (Ángel), D. Couce (José M.), Iván, Miguel (Roque) e Marcelo .
Adestrador: Alejandro González Domínguez
2º Adestrador: Manuel A. Bardanca López
Delegado: José Antonio Couce Iglesias
Árbitro: Miguel A. Piñón López amosou cartón amarelo a Antón, Manuel, Yeray Santiso e Iván, este por partida dobre polo San Sadurniño e a Miguel, Jesús, Roque e Alberto, este último tamén con dobre cartón por parte do Numancia.
Goles: Alberto, Iván e Cristian para o San Sadurniño e Marcelo para o Numancia.
0-1: (17') Marcelo. Balón que controla Iván preto da liña de fondo por banda esquerda, pase cara atrás preto do pico da área para Pepe i este último centra con moita parabola fora do alcance do meta local para que Marcelo chegando dende atrás remate de cabeza preto do segundo pau.
1-1: (22') Alberto. Falta preto do pico da área dende a esquerda do ataque local. O centro cara a area visitante e rematado por Alberto que consigue impoñerse a zaga visitante.
2-1: (29') Iván. Xogada persoal de Manuel que entra pegado a liña de fondo caneando defensas e porteiro para poñer un pase casa atrás para que Iván marque a pracer.
3-1: (56') Cristian: Xogada de contraataque con exceso de confianza na zaga visitante que permite a Cristian levarse o balón e batir dende a frontal da área a Xaime na súa saída.
Primeiro tempo donde os locais remontaron o tanto dos aresans e dispuxeron de algunha ocasión máis para aumentar o marcador. O Numancia non era quen de chegar con claridade a meta ben defendida por Bruno.
Segunda parte con saída máis decidida dos visitantes que puxeron en apretos ós locais pero sin acerco cara a porta. O xogo ofensivo aresán facilitaba as contras dos locais e grazas a unha de esas xogadas acompañada de un erro defensivo permitiu aumentar a ventaxe. Ainda así o Numancia puido acurtar distancias pero o conxunto de Prados Vellos está negado cara ó gol. Ata erraron unha pena máxima.
Ó final nova derrota para pechar este ano 2013 no posto 12 con 16 puntos en 15 partidos. O conxunto numantino ten que coller folgos novos para sair de esta situación de afundimento anímico, de xogo e sobre todo de cara a gol.
Esperemos que o 2014 veña un pouco mellor. Ánimo rapaces!!!.