XUVENÍS. G. MUGARDOS, 4 - NUMANCIA, 1.

A MALA SORTE, E DOUS REGALOS SENTENCIAN AOS DE ARES

O Numancia foi incapaz de romper a boa racha dos seus veciños, e co resultado do partido de hoxe, e o obtido polos aresáns a pasada xornada fronte ao Narón, fixeron máis líder ao Mugardos.


A Pedreira 8 de novembro de 2013

ALIÑACIONS

G. MUGARDOS: Monty, Chechu (Álvaro), Mario, Juan, Iván, Fabio (C), Jorge, Breijo, Alexis (Antonio), Josiño (Javi) e Nacho.

Adestrador: Ángel Aneiros Rodríguez.

2º adestrador: Jesús Sixto Gelpi.

Delegado: Miguel Ángel González López.

NUMANCIA: Xaime (Agustín), Darío (Jesús), Alberto, Pepe (C), Martín, Adrián (Isaías), Miguelito (Pérez), Marcelo, Iván, Roque (Miguel) e Ángel.

Adestrador: Alejandro González Domínguez.

2º adestrador: Manuel Antonio Bardanca López.

Delegado: Manuel Novoa Conde.

ARBITRO: Francisco García Rodríguez. Amoestou a Jorge, Breijo e Iván do Mugardos, tamén viron cartolina amarela Martín e Jesús polo Numancia.Instante partido de xuvenís G. Mugardos - Numancia (08/11/2013)

GOLES:

1 - 0: Fabio (min. 17), contraataque do Mugardos por banda dereita, centro á frontal que remata Fabio, o balón dá en Marcelo que desvía a traxectoria do balón.

1 - 1: Ángel (min. 40), pase de Martín ás costas da defensa sobre Ángel que nun man a man con Monty bateo de disparo cruzado raso.

2 - 1: Fabio (min. 66), lanzamento de falta á área, mal rexeitamento de Xaime, fórmase un rebumbio de disparos e rexeitamentos na área pequena, finalmente Fabio acerta co fondo da portaría.

3 - 1: Nacho (min. 67), balón colgado á área visitante sen aparente perigo, a falta de entendemento entre Xaime, Jesús e Alberto déixanlle o balón en bandexa para Nacho que marca a porta baleira.

4 - 1: Iván (min. 80), lanzamento de libre directo de Iván que toca na barreira, desvíase a traxectoria do balón e se coa na portaría.

Partido que comezaba con respeto e precaucións por parte dos dous equipos. Aos sete minutos de xogo o Mugardos desaproveita o lanzamento dunha pena máxima ao deter Xaime o lanzamento de Nacho. Dous minutos despois volvían ser os locais os que terían unha nova oportunidade; lanzamento de esquina, Iván, só no segundo pau remata de cabeza e Xaime responde cunha gran parada.

Nestes minutos iniciais eran os locais os que tomaban a iniciativa. Con esa iniciativa, no minuto 15, e nunha xogada desafortunada para os de Ares, despois dun disparo que toca en Marcelo, chegaría o primeiro gol local. No minuto 21, nova ocasión local, disparo de Breijo dende tres cuartos de campo que se estrela no longueiro. O balón continuaba circulando dunha portaría a outra, pero o perigo levábanno os mugardeses.

No minuto 24, sería a ocasión para os de Ares, balón colgado á área que queda rifado entre Monti e Marcelo, éste último toca, pero o balón vaise fó
Instante partido de xuvenís G. Mugardos - Numancia (08/11/2013)ra. Esta foi a xogada que espertou os de Ares posto que a partir de aquí colleron o control do partido ata cinco minutos antes da finalización do primeiro período.

No minuto 25, o colexiado anula un gol aos de Ares por suposto fóra de xogo. E no minuto 40 chegaría o gol do empate, o que supoñía un xusto premio ao visto no último cuarto de hora de partido. Co resultado de empate a uns marcharíamos ao descanso.

Segunda metade de centrocampismo durante o primeiro cuarto, cun único disparo a porta de Josiño ao que Xaime responde cunha boa parada. Non estaría tan acertado o porteiro visitante poucos minutos máis tarde no rexeitamento dun balón, o que propicia a chegada do segundo gol local. Nin tampouco a zaga aresana na xogada seguinte que propicia o terceiro tanto. Dous regalos aresáns que poñían en bandexa o partido para o Mugardos.

Con estes dous novos goles o partido rompeuse. O Mugardos xogou con máis comodidade, menos nerviosismo e máis confianza, froito do marcador a favor, en contra dun Numancia condicionado polo resultado. O centrocampismo habido ata a consecución do 3 - 1, converteuse nun partido de pouco control e pouco fútbol, duns por conseguir a goleada e doutros por buscar a remontada. Neste ir e devir do partido, chegaría o cuarto gol local, nunha nova xogada de infortunio para os numantinos.

En resumo primeira parte con xogo repartido entre os dous equipos aínda que con ocasións e maior sensación de perigo por parte dos locais. Na segunda metade, dous regalos dos de Ares, puxéronlle o partido en bandexa a un Mugardos que puxo a guinda ao pastel cun novo infortunio visitante. Aínda así, merecida, aínda que abultada, vitoria do Mugardos que lle puxo algo máis de casta ao partido.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.