XUVENÍS. MIÑO, 4 - NUMANCIA, 3.

BO PARTIDO PERO FALTOU GOL

Primeira derrota dos de Ares en liga ante un Miño con xogadores rápidos e de físico. Os de Ares tardaron en entrar en xogo pero remataron realizando un bo partido. Houbo reacción numantina que cun 3 - 0 en contra, lograron equilibrar o partido.


Gallamonde (Miño), 26 de outubro do 2013

ALIÑACIONS

MIÑO: Diego, Borja (Casás), Davicito (Jonathan), Raúl, Miguel (C), Ramos, Cesar (Adrián), Yago, Turu (Iván), Manuel (José) e David Vidal.

Adestrador: Miguel Ángel Mahía Rodríguez.

Delegado: Daniel Pena Bouza.

NUMANCIA: Xaime (Kike), Darío (José Manuel), Jesús (Roque), Alberto, Pepe (C), Martín, Marcelo, Couce (Miguel), Ángel, Miguelito e Pérez (Isaías).

Adestrador: Alejandro González Domínguez.

2º adestrador: Manuel Antonio Barcanca López.

Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

ARBITRO: Miguel A. Piñón López. Mostrou tarxetas amarelas a David Vidal, Miguel, Ramos, Yago e Raúl polo Miño. No Numancia tamén viron tarxeta amarela Martín, Marcelo e Alberto.

GOLES: Turu, Miguel e Ramos (2) para o Miño. Para o Numancia marcaron Martín, Marcelo e Ángel.

 

 



Partido que comezaba cun Miño imprimindo ritmo ao choque, presionando ao Numancia moi arriba e poñendo balóns en longo á área e á banda para aproveitar a velocidade dos dianteiros. Esta sería a tónica xeral do partido no primeiro cuarto de hora onde os de Ares apenas inquietaron a área local. No minuto quince adiantábase o Miño despois dun saque de banda sobre Cesar, éste intérnase polo lateral da área, dispara, Xaime rexeita o balón que chega a Turu libre de marca para enviar o fondo da rede.

O gol faría espertar os de Ares e apenas uns minutos despois Diego Pérez nunha internada por banda estrela o balón no lateral da rede. Pouco a pouco os de Ares fóronse impoñendo no xogo, apoderáronse do centro do campo e comezaron a marcar claramente o ritmo do partido ante un Miño que trataba de sorprender con balóns en profundidade.

Froito do mellor xogo dos de Ares virían as oportunidades. Ángel no minuto 25 dispoñía dun man a man co porteiro, pero éste adiviñou a intención do dianteiro aresano. Cinco minutos máis tarde, novamente Ángel, despois dun balón en profundidade de Marcelo, crúzao ao segundo pau ante a saída do porteiro, pero o balón vaise fóra. Estaban os de Ares a merecer o empate, pero non se estaba acertando entre os tres paus.

No último cuarto de partido entrouse nunha dinámica de interrupcións consecuencia das continuas faltas polo que algúns xogadores comezaron a ver as tarxetas.

A dous minutos do descanso, perda de balón dos de Ares en tres cuartos de campo co que se fai Miguel, intérnase polo lateral esquerdo da área e de disparo raso bate a Xaime. Sen tempo para máis, co resultado de 2 - 0 marcharíamos ao descaso, cun marcador un tanto inxusto ao visto nos primeiros corenta e cinco minutos.

Na segunda metade volvía ser o Miño o que novamente tomaba a iniciativa. Así aos cinco minutos do inicio unha perda de balón na frontal da área numantina propiciaba unha xogada embarullada na liña de gol entre Xaime e Turu, reclamando os locais que o balón traspasara a liña, pero que o colexiado non interpretou como tal. Xogada moi protestada pola parroquia local. No minuto cincuenta e seis, o Miño marcaba o terceiro á saída dun córner que Ramos remata de cabeza ao fondo da rede.

No minuto sesenta chegaría a reacción numantina, saque de banda sobre Miguelito, regatea a un contrario e pon o balón entre os defensas sobre Ángel, éste dispara, o porteiro non bloca e Martín máis rápido que os defensas, entrando dende atrás empúrrao o fondo da rede (3 - 1). Minuto sesenta e cinco, balón en longo de Roque á área, Marcelo adiántase ao defensa e píca o balón por arriba do porteiro na sua saida (3 - 2). Minuto setenta, balón colgado de Isaías á área, Ángel adiántase á defensa e ao porteiro e toca o balón fóra do alcance déste para empatar o partido (3 - 3).

Despois do gol do empate visitante, o Miño dende o centro do campo tratou de sorprender cun disparo bombeado o porteiro numantino, pero Kike reaciona cunha gran parada tocando o balón que se estrela no longueiro.

Os últimos vintecinco minutos de xogo foron de poder a poder, non houbo un dominador claro, repartíndose o xogo entre os dous equipos. O gol da vitoria local chegaría no minuto oitenta e tres, despois dun lanzamento directo de falta de Ramos pegado ao longueiro ante o que nada pode facer Kike. A tres minutos do final puideron empatar os de Ares, Ángel volve a dispoñer dunha nova oportunidade nun balón en profundidad que remata adiantándose o defensa, pero o seu disparo sale algo floxo e moi centrado polo que o porteiro local detén sin moitos atrancos. Sin tempo para mais chegouse o final do partido co resultado de 4 - 3.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.