Xuvenís: R.Neda, 2 - Numancia, 3

A.D.R. Numancia de Ares. Juveniles 2013-2014. Liga. Rápido de Neda, 2 - Numancia, 3. Juan Gonzales (Neda)Gañouse, pero...

Vitoria por 2 a 3 no arranque ligueiro do equipo de xuvenís na súa visita o campo de Neda. Ó descanso chegouse con vantaxe visitante por 1 a 2.
 
 
Juan González, Neda, 14/09/2013

Aliñacións: 
 
Rápido de Neda: Dani, Garrote, Jorge, Carlos (Yover 82'), Miguel, Mudrik, Eli, Bouza, Aitor, Asier (Alex 67') e Leira (Borja 67').
 
Adestrador: José Luis Dopico Prieto
2º Adestrador: Óscar Golpe Fernández
Delegado: Juan Rodríguez Romero
 
Numancia de Ares: Roberto (Kike 70'), Isi, Jesús (Alberto 42'), Marcelo, Darío, Martín , D. Pérez (José M. 59'), D. Couce (Roque 67'), Iván, Adrián e A. Novoa (Miguelito 67')
 
Adestrador: Alex González Domínguez
2º Adestrador: Toni Bardanca López
Delegado: José A. Couce Iglesias
 
Árbitro: Francisco López Gómez amosou cartóns amarelos para Miguel, Mudrik, Asier e Garrote polo R. Neda e para Isi, Alberto e o adestrador Alex polo Numancia de Ares.
 
Goles: Jorge (2) para o R. de Neda e Iván, Jesús e Adrían para o Numancia
 
 
1-0 ( 1') Jorge: Penalti riguroso contra o Numancia que tranforma Jorge.
 
1-1 ( 4') Iván: "Corner" que pon o segundo pau D. Couce e Iván anota de cabeza.
 
1-2 (18') Jesús: Falta lateral dende o ataque dereito do Numancia. Tras moitos rexeites no borde da área o balón cae nos pes de Jesús que anota cun disparo dende a frontal.
 
1-3 (67') Adrián: Pase dende a esquerda de Iván a Adrián quen dende o pico esquerdo da área grande eleva o balón ante o porteiro local lixeiramente adiantado.
 
2-3 (88') Jorge: Falta preto da área, lixeiramente caída á dereita que executa Jorge cun forte disparo que sorprende a Kike.
 
Penalti inicial que  puxo contra as cordas ós de Ares pero que souberon sobrepoñerse e fixeron uns primeiros vinte minutos moi aceptables. Tras a consecución do 1-2 pareceu descompoñerse un pouco a orde e comenzaron as imprecisións, pero agás a balón parado os locais non daban problemas i estes viñan máis por erros visitantes que concedían faltas e saques de esquina nalgún intre innecesarios. Con todo chegouse ó descanso con vitoria visitante por 1-2.
 
Na segunda metade o Numancia mantiña a posesión pero non remataba de pechar o encontro. O gol de Adrián parecía que permitiría finalizar sen agobios o encontro e máis cando o Rápido de Neda foi castigado cunha pena máxima no 86'. Pero o que puido ser o 1-4, tras errar o lanzamento, rematou nunha contra que a defensa numantina cortou cunha falta inecesaria ó borde da área e que Jorge transformou no 2-3 definitivo.
 
En resumo, comenzou a andaina ligueira con vitoria pero ainda queda moito que pulir neste equipo. No positivo agás da vitoria a recuperación de efectivos e o perigo na estratexia con claras ocasións e a materialización de dous tantos a balón parado.  Agora a seguir traballando e preparar o vindeiro encontro que supora o debut ligueiro dos xuvenis en Prados Vellos fronte o Cedeira, ó sábado, 21 de setembro, ás 18:30 h.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.