XUVENIS. Pretemporada, Narón, 2 - Numancia, 1

Numancia de Ares ADR. Xuvenís 2013-2014. Betanzos 3 - Numancia 0. O Carregal (Betanzos) 24/08/13.Para esquecer

Derrota por 2 a 1 no partido de adestramento do equipo de xuvenís no campo do Cadaval fronte o Narón. Ó descanso o marcador xa era o difinitivo de 2 a 1 favorable ós locais.

28/08/2013 O Cadaval, Narón

Aliñacións:

Narón: Mike, Vidal, Bouza, David Rey, Andrés, Davi, Joan, Edu Castro, Adri, Brunito e Cristian. Tamén xogaron Gabri, Chao, Carballeira, Jandro, Diego, Bruno Sande, Marvin, Aitor, Dilan e Chami.

Adestrador: Sergio Portela

2º Adestrador: Miguel Feal, "Michel"

Numancia: Roberto, Darío, Marcelo, Jesús, Pepe, Martín, D.Pérez, A.Novoa, Ángel, Roque e Miguelito. Tamén xogaron Isi, Agustín, José Manuel, Adrián, Miguel, D.Couce e Iván.

Adestrador: Alex González

2º Adestrador: Toni Bardanca

Delegado: José A. Couce

Goles: Adri (2) para o Narón e Ángel para o Numancia

0-1:  1'- Balón en medio campo que Martín pasa a Miguelito, o cal dende o circulo central pon en longo para Ángel quen entrando polo centro eleva dende a media lua ante a saída do porteiro local.

1-1: 20'- Erro na saída de balón do Numancia que permite ó Narón facer superioridade en banda esquerda e gañar as costas da defensa. O balón chega a Adri quen entra en diagonal hacia a porta e bate a Roberto polo primeiro pau.

2-1: 32'- Indecisións defensivas no borde da área visitante fan chegar o balón ó pico esquerdo da área ós pes de Adri quen se interna na área e cruza o balón ó segundo pau lonxe do meta visitante.

Saída inesperada do Numancia que acadou demasiado pronto o seu gol, a sorpresa do tanto fixo máis dano nas filas visitantes que nas locais xa que despois da xogada inicial os de Ares fixeron unha desastrosa primeira metade. Coas liñas moi separadas, o centro do campo descolocado e sempre a remolque do rival e coa liña defensiva imprecisa dando moitas facilidades ós dianteiros do Narón.

Os locais foron asentándose máis no terreo e pelexaron con máis intensidade que os numantinos, fixéronse donos do centro campo e xeraron ocasións que puideron rematar nun resultado máis abultado na primeira metade. Dous saques de esquiña que se pasearon pola área visitante sen encontrar nin rematador nin defensor que o despexara e un disparo dende a banda esquerda que petou no segundo pau, foi a dar no primeiro e saíu cara a área sen traspasar a liña de meta. A banda esquerda do Narón foi a máis concurrida e a que acadou mellor rendimento.

Na segunda metade o equipo local baixou un pouco a intensidade e os visitantes comenzaron a tentar tocar un pouco máis. Mellorouse no xogo con relación a primeira metade, cousa que non era difícil pois case non se podía facer peor. Neste segundo tempo non houbo case xogadas perigosas agas algún disparo dende lonxe do Narón que  despexou sen problemas Agustín. E algunha aproximación dos aresáns que non chegaron a finalizar.

En resumo mal encontro que ten que servir para que afloraran as carencias do equipo numantino e que deixa ó seu adestrador a tarefa de correxir todo o malo visto hoxe sobre o campo do Cadaval, sobre todo na primeira metade.

O sábado, novo desplazamento, esta vez a Meicende para enfrontarse ó Sporting Meicende en xornada matinal.


 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.