XUVENÍS. NUMANCIA, 1 - GALICIA DE MUGARDOS, 2.

DARIO: “Esforzamonos pero o físico non aguantou ben na segunda parte”.

Partido correspondente á última xornada de liga da presente temporada que se saldou con vitoria do Galicia de Mugados por 1 - 2. Ao descaso o resultado era de 0 - 1.


Ares 12 de maio do 2013.

Excelente entrada de público en Prados Vellos para disfrutar do partido de xuvenís entre Numancia e Galicia de Mugardos. A parte do propio derby, o partido tiña tamén o morbo dos tres puntos que necesitaban os de A Pedreira. O Numancia, de cara ao campionato de liga xa non se xogaba nada, e o Mugardos tiña que vencer imperiosamente en Prados Vellos, e esperar ao que acontecera en Ferrol entre G. de Caranza e Narón. Finalmente non puido ser, o Narón gañou o seu partido e polo tanto foi o que se alzou co segundo posto que dá opción a disputar a fase de ascenso á Liga Galega.

O próximo fin de semana, mesmo escenario e mesmos protagonistas. Numancia e Galicia de Mugardos volverán a verse as caras en Prados Vellos para disputar a eliminatoria, a partido único, da Copa A.F.A.C.O. 2012-13.

Antes de dar comezo o partido de hoxe en Prados Vellos gardouse un respectuoso minuto de silencio en recordo de D. Pedro Menaya, avó de Andrés Nóvoa, xogador xuvenil do Numancia de Ares, e que finou na presente semana. Descanse en paz

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Cristián (Carlos), Isaías (Miguel), Alberto, Adrián, Marcelo, Pepe, Borja, Roque, Ivi, Miguelito (Martín) e Nóvoa (C) (Darío).

Adestrador: marcos Amor Roel.
2º adestrador: Antonio Bardanca López.
Delegado: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

G. MUGARDOS: Monti, Juan, Alexis, Nacho, Iván, Rubén (C), Oliveira (Borja), Fabio, Da Silva (José Manuel), Diego (Joel) e Adrián.

Adestrador: Antonio Martínez Fernández.
2º adestrador: Francisco José López López.
Delegado: Francisco José Muiños Muiños.

COLEXIADO: José Luís Corral Franco. Amoestou a Isaías, Pepe e Alberto polo Numancia, e a Fabio e Adrián polo Mugardos

GOLES

0 - 1: min 21, centro de Rubén dende banda dereita do ataque mugardes ao segundo pau, Adrián adiántase aos defensas locais metendo o pé para enviar o fondo da rede.

1 - 1: min. 50, falta que saca Roque próxima á liña de fondo na súa banda dereita do ataque local e que Pepe de sensacional remate de cabeza envía ao fondo da rede.

1 - 2: min. 68, balón en profundidade dende tres cuartos de campo a banda esquerda da área que Darío non acerta a despexar, Adrián faise co balón, se interna paralelo á liña de fondo e marca de gran disparo dende o lateral da área pequena e sen apenas ángulo de tiro. Un gran gol do dianteiro mugardes.

COMENTARIOS DE DARIO, defensa do Numancia de Ares.DARIO defensa xuvenil do Numancia de Ares

A XOGADA DO PARTIDO:
O segundo gol do Mugardos no que Adrián levase o balón cun pouco de sorte ao chocar conmigo.

Tamén foi unha boa xogada o gran remate de cabeza de Pepe, e que supuxo o noso gol.

A CLAVE:
A ocasión que tivo Ivi os cinco minutos de partido nun man a man co porteiro do Mugardos. Tamén a lesión deste mesmo xogador a doce minutos do final, quedamos con dez e baixarón moito as nosas posibilidades, cando menos do empate.

ACTUACION PERSOAL:
Mala, levo uns partidos rendindo a un baixo nivel e hoxe non foi diferente.

O EQUIPO:
Esforzouse pero o fisico non aguantou ben na segunda parte.

Quixera destacar tamén o regreso de Martín, quen no partido de hoxe retornaba ao campo en partido oficial despois de case dous meses e medio de ausencia por mor dunha operación. Benvido de novo.

O RIVAL:
Un equipo que presiona ben e ten calidade arriba como Adrián Planas, Oliveira e Fabio, dalles moito físico no centro do campo.

Para ler a crónica do partido publicada en voltaaria PICA AQUI.

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.