XUVENÍS. NUMANCIA, 1 - PORTUARIOS, 1.
ROQUE: “O traballo do equipo e o compromiso no campo foi o máis importante”.
Prados Vellos 20 de abril de 2013.
ALIÑACIONS
NUMANCIA: Cristián (Xaime), Miguelito (Ángel), Pepe, Alberto, Darío, Adrián (Miguel), Borja (C), Roque (Nóvoa), Ivi, Alex Pita e Marcelo (Isaías).
Adestrador: Marcos Amor Roel.
2º adestrador: Manuel Antonio Bardanca López.
Delegado: Manuel Antonio Cartelle Permuy.
PORTUARIOS: Julián, Piscu, Rascado (Iván), Brais Pérez (C), Sergio, David, Martín, Javi, Pol (Andrés), Brais Leira e Adrián (Carlos).
Adestrador: Rogelio Salgueiro García.
Delegado: Antonio Ángel Bugliot Rodríguez.
COLEXIADO: Yago Veiga López. Amonestou a Borja polo Numancia, e a Martín e Andrés Polo Portuarios. Amosoulle cartolina vermella a Pol cando se dirixía os vestiarios despois de ser sustituido.
GOLES
0 - 1: min. 7, pase en profundidade dende mediocampo que gaña as costas da defensa local sobre Javi quen encara a Cristián superándoo na súa saída.
1 - 1: min. 63, centro lateral de Alberto dende a banda dereita á frontal da área sobre Ivi, e disparo deste á media volta que se coa axustado á base do pau.
COMENTARIOS DE ROQUE, centrocampista do Numancia:
A XOGADA DO PARTIDO:
Houbo varias xogadas nas que o equipo combinou chegando a ter ocasións claras de gol; pero a mais importante foi a xogada do gol de Ivi, deunos forzas para ir a polo partido.
A CLAVE:
Penso que a clave foi encaixar o gol, xa que non dispuxeron de ocasións claras e isto aprobeitarono para cerrarse atrás a maior parte do encontro.
ACTUACIÓN PERSOAL:
Empecei o partido un pouco relaxado, pero a intensidade deste meteume no encontro e intentei dar todo o que tiña para o equipo.
O EQUIPO: O traballo do equipo e o compromiso no campo foi o máis importante .Cada vez facemos mellor fútbol e a clasificación non dí o que nos merecemos realmente, pero este deporte e así.
O RIVAL: Equipo moi físico que destaca polo seu poderío no medio, e moi ben plantado no campo. O porteiro foi determinante para que puideran aguantar o resultado.
Para ler a noticia publicada en voltaaria PICA AQUI