XUVENIS. MIÑO, 2 - NUMANCIA, 4

Numancia de Ares ADR. Xuvenís 2011-2012. Miño 2 - Numancia 4. Municipal de Miño 10/03/12.VITORIA CON MAIS APUROS DOS DESEXADOS

Boa primeira metade dos de Ares o que lles permitiu irse con tranquilidade ao descaso. Na segunda parte relaxáronse e o Miño causoulles moitos problemas.


Municipal de Miño 10 de marzo de 2012.

ALIÑACIONS:

MIÑO: Miguel, Alexón, Héctor (Abdel 46´), Raúl, Ramón (Sergio 54´), David, Pablo (Javi 46´), Diego, Miguel, Jaime e Fer.

NUMANCIA: Xaime, Darío (Alberto 66´), Jhony (Adrián 75´), Amenedo, Juan, Adrián, Cartelle (Roque 57´), Juanra (David 70´), Brayan, Iván e Cagide (Ricardo 62´).

COLEXIADO: Raquel Ortega Orge. Amoestou a Miguel polo Miño e a Alberto polo Numancia. Expulsou a Raúl do Miño.

GOLES:

Miño: Jaime e Miguel.

Numancia: Iván (3) e Brayan.

 

 


Presentábase o conxunto aresán para o choque co Miño con moitas baixas nas súas filas por mor das lesións. Este feito obrigou ao míster a tirar da canteira, e convocar a tres cadetes para botar unha man, o que significou a posta de longo na categoría para David, Alberto e Adrián, que desta maneira tomaban a alternativa das botas de Juanra, Darío e Jhony respectivamente.

En canto ao partido, foi un partido con pouco ritmo, e non por falta de gañas dos xogadores, senón propiciado pola forte calor e a alta temperatura que fixo na tarde de onte no Municipal de Miño. Esta circunstancia provocou un cansazo e desgaste extra en ambos os dous equipos. Na primeira metade non houbo un dominador claro do xogo e os dous equipos dispuxeron de bastantes ocasións de gol. Algunhas delas desbaratadas polas boas intervencións dos porteiros, sobre todo de Miguel o gardameta local que nalgunhas estivo soberbio. A principal diferenza nesta primeira parte estivo na definición e acerto de cara ao gol. Os de Ares estiveron máis acertados, o que lles permitiu irse ao descanso cun 0 - 3 a favor, despois duha boa primeira metade.

0 - 1: (min. 30), balón que rouba o Numancia no centro do campo, pase en profundidade de Cartelle sobre Iván que se vai do seu marcador encara a Miguel e superao de disparo cruzado.

0 - 2: (min. 40), balón que pon Iván sobre Brayan ás costas da defensa local, o dianteiro aresán quedase só diante de Miguel e ante a saída deste o supera de vaselina.

0 - 3: (min. 42) balón que rouba Iván no lateral dereito da área local, en xogada individual intérnase na área e dribla a un defensa e ao gardameta para marcar a porta baleira.

A segunda metade comezou con dominio do equipo local, que saíu dos vestiarios moito máis metido no partido ante un Numancia excesivamente relaxado. A medida que ían pasando os minutos os de Ares víronse acurralados no seu campo ante o empuxe do Miño. Froito dese empuxe aos dez minutos conseguiron acurtar distancias, o que os meteu aínda máis no partido. O xogo dos de Ares pasaba por xogadas á contra, con moito perigo, pero falta de definición final. Aínda así era o Miño o que estaba no partido, parecía que o cansazo había feito máis mella nos de Ares e isto manifestouse de novo en forma de gol para o equipo local. Os de Ares non estaban ben, e viran reducida a súa clara vantaxe no marcador. Era a hora dos cambios, había que achegar osixeno ao equipo, e a partir de aquí as cousas volvéronse igualar. Os de Ares desfixéronse da presión local e o partido estivo máis aberto. Finalmente o gol da tranquilidade para os de Ares chegaría co encontro prácticamente rematado.

1 - 3: (min. 57), balón colgado á área do Numancia despois da saída dun córner que Jaime remata de cabeza ao fondo da rede.

2 - 3: (min. 71), centro que recolle Miguel na frontal da área, encara a Xaime nun man a man e supérao por abaixo.

2 - 4: (min. 91), penalti do gardameta local sobre Brayan que se encarga de transformar Iván.

Felicitar os dous equipos polo dispendio físico realizado nun día de calor como o de hoxe. Desexarlle sorte ao Miño, un equipo que a pesar de ir por detrás no marcador, non botou a toalla e pelexou ata o final poñendo en moitos apertos os aresanos.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.