XUVENÍS. NUMANCIA, 4 - NARON, 2.

Numancia de Ares ADR. Xuvenís 2011-2012. Numancia 4 - Narón 2. Prados Vellos. 04/02/12.BOAS SENSACIONS.

Partido correspondente á décimo sétima xornada de liga e que o Numancia resolveu con seriedade e solvencia ante o Narón Balompé.


Prados Vellos 4 de febreiro de 2012.

ALINIACIONS:

NUMANCIA: Xaime, Álvaro, Jhony (Roque 64´), Pepe, Amenedo (Víctor 59´), Adrián, Borja, Juanra, Brayan (Ricardo 68´), Iván (Juanfran 46´) e Cartelle (Cagide 54´).

NARON: Junior, Adrián, Álvaro (Miguel 46´), David Rodríguez, Roberto, Luís, Cristián (Moncho 46´), Dilan (David Rey 46´), Marlón, Julen e Quique.

COLEXIADO: Francisco García Rodríguez. Amoestou a Iván do Numancia.

GOLES:

1 – 0: Cartelle (min. 3).
2 – 0: Iván (min 36).
3 – 0: Brayan (min. 43).
3 – 1: Julen (min. 78) de penalti.
4 – 1: Cagide (min. 81).
4 – 2: Julen (min. 87).

 



Partido estraño o xogado este fin de semana polo xuvenís que recibían a visita do Narón Balompé. A os tres minutos do seu comezo adiantábase o Numancia tras un disparo de Brayan que rexeita o porteiro do Narón, rexeite que e aproveitado por Cartelle para marcar a porta valeira. O partido siguiu con dominio dos de Ares, de ahí chegaría o segundo gol no min. 36, nesta ocasión sería Iván tras unha xogada por banda de Brayan quén mete un pase en profundidad sobre Iván, éste encara nun man a man o porteiro e de disparo pegado o poste faría o segundo gol. A piques de rematar a primeira parte chegou o terceiro gol para os de Ares propiciado por un fallo no despexe dun defesor do Narón, o balón chega os pes de Brayan quen só o ten que empurralo ao fondo da rede. Este gol daría unha maior tranquilidade para afrontar a segunda metade.

Tras o descanso parece que os numantinos costoulles meterse no partido, non eran quen de enlazar os pases entre as suas liñas o que propiciou un xogo máis fluido dos naroneses con moitas recuperacións de balón. Con este xogo un tanto deslavazado posiblemente noutro encontro lle saise máis caro os aresáns. No min. 78, o Narón acurtaría distancias despois de transformar Julen un claro penalti cometido por Cagide, e ante o que nada pode facer Xaime. Pero o Numancia tivo unha pequena reacción e materializou o cuarto tanto tan só tres minutos despois. Cagide, resarcíndose do seu erro anterior, sería o seu autor en xogada individual por banda que él mesmo finaliza cun disparo a porta por riba do porteiro, quén toca lixeiramente o balón pero non o suficiente para impedir que éste sobrepase a liña de gol, 4 – 1.Pero ainda habería tempo para un gol máis antes do asubio final, falta no borde da área numantina que Julen transformaría de preciso e fermoso libre directo deixando o marcador no derradeiro 4 - 2.

Con este resultado os de Ares poñense sextos na táboa clasificatoria a tan so tres puntos do quinto que e o Meirás. Esperemos seguir coa boa racha, seguir escalando na clasificación e seguir crecendo como equipo.

Destacados polo Numancia, Brayan que por fin fai xogo en equipo e segue casado co gol, e Pepe que está tendo unha progresión fenomenal, e en xeral todo o conxunto por sair partido tras partido a dalo todo polo equipo e pola camiseta.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.