XUVENÍS. GALICIA CARANZA B, 4 – NUMANCIA, 0

Clara derrota dos xuvenís

Sábado, 21 de febreiro de 2009

Xelo


ALINEACIÓN:NUMANCIA A: Iván, Coco, Antón, Many, Jorgito (Díaz), Gabo, Jorge, Julio (Pita), Carlos (Pablo), Rubén (Rico), Pedro (Martín)

ÁRBITRO: Boa arbitraxe en liñas xerais, sen incidencia no resultado.


COMENTARIO :  Partido xogado a un ritmo moi alto na primeira metade, cun Caranza tratando de facerse co dominio do balón e sempre intentando de sacalo xogado, e cun Numancia ben pechado atrás, manténdose firme na defensa. A primeira oportunidade chega do lado do Numancia, nun remate de Rubén tras xogada a balón parado. Se ben é o Caranza o que se adianta no marcador, cun penalti concedido polo árbitro e protestado polos xogadores do Numancia. Tan só unha vez disparara o dianteiro do Caranza e co balón fóra do campo, o capitán Many arrólao, sinalando o árbitro a pena máxima.

Na segunda parte, o Caranza toma de novo ventaxa no marcador, cunha boa acción do seu dianteiro, e máis tarde logra o terceiro, nun fallo da defensa aresá, e acto sesguido chega o cuarto nun contraataque. O Numancia dispuxo dalgunha ocasión, coma Rubén a balón parado, ou Gabo culminando unha xogada colectiva cun remate que marcha alto.

No Numancia é de destacar o bo aspecto colectivo defensivo amosado na primeira parte e por destacar individualmente a alguén, o bo partido de Gabo, cun único erro na perda do balón que deu orixe ao terceiro gol do Caranza. O equipo ferrolán contaba cun medio centro (6) que distriubuía moi ben o balón e un dianteiro moi habilidoso que caía frecuentemente ás bandas, onde creaba moito perigo.

Con este resultado, o Galicia de Caranza afiánzase no liderazgo do grupo, e o Numancia queda obrigado a non poder cometer case ningún erro máis nos partidos que restan.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.