XUVENIS. R. SAN PEDRO, 1 - NUMANCIA, 0.

ADR Numancia de Ares. Xuvenís 2010-2011. R. San Pedro 1 - Numancia 0. A Gándara (Ferrol).CONTÍNUANDO A PENITENCIA
Os de Ares cun equipo en cadro, aguantaron mentres houbo forzas, todo un exemplo de decoro e saber estar. Sen dúbida unha gran lección aos que optaron por abandonar.

A Gándara (Ferrol) 14 de maio de 2011.

NUMANCIA: Mirlo, Álvaro, Amenedo, Brayan, Víctor, Moabe, Juanra, Pablo, Jony, Ezra e Manu.

Primeira xornada da Copa Xuvenil Local na que o Numancia resistiu con 11 xogadores todo o partido ante o Racing San Pedro, nas magníficas instalacións de A Gándara en Ferrol.

Nunha tarde de sábado soleada e con moito vento, xogaban 11 supervivintes do Numancia xuvenil ante o Racing San Pedro na primeira xornada copeira. Comezaba o encontro con dominio alterno e moito centrocampismo. O Numancia facía un xogo mais elaborado mentres que os locais buscaban insistentemente pases interiores os seus dianteiros. Con ocasións erradas en ambas porterías chegabase o descanso co resultado de 0 - 0.

Na segunda metade, seguiu a mesma dinámica de xogo. O Numancia poido porse por diante no partido, pero nun fallo defensivo numantino os locais conseguían o 1 - 0 a falta de 20 minutos. De ahí ata o final do encontro, os de Ares intentaron acadar algo positivo, pero os problemas físicos, a ausencia de xogadores de recambio e a impotencia xeralizada impediron tal feito, polo que se consumaba a derrota co resultado coñecido de 1 - 0.

En definitiva, gran esforzo dos 11 xogadores xuvenís que hoxe representaron o Numancia no campo de A Gándara. A eles non se lles pode dicir nada, fan o que poden e non manchan a imaxe do club con comportamentos extradeportivos.

Agora toca afrontar a segunda xornada copeira, o martes ás 11:00 en Prados Vellos ante o CD As Pontes “B”.

¿Resistiremos?

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.