Xuvenís:Numancia de Ares, 2 -Cedeira 3

Derrota dolorosa dos xuvenís.

1S.D.R. Numancia de Ares. Juveniles. Numancia - Cedeira5 de febreiro de 2009

Xelo.

Alineación do Numancia: Iván, Coco, Antón, Jorgito, Many, Jorge (Pita), Rubén (Díaz), Xullo, Carlos (Pablo), Pedro e Manu (Gabo)

Goles: Xullo un e Jorge outro.

Árbitro. Ben na primeira parte e mal na segunda parte: penalti non sinalado do porteiro sobre Pita, gol anulado a Rubén en dubidoso fora de xogo e probable falta do dianteiro no primeiro e terceiro gol do Cedeira.


Crónica:
Partido moi intenso o xogado na mañá do domingo entre os equipos xuvenís do Cedeira e Numancia de Ares. O encontro comezou cun ritmo moi intenso do que sacou provecho en primeiro lugar o Numancia cun espléndido gol de Xullo que en acción individual regatea a 2 contrarios e coa perna esquerda saca un marabilloso golpeo que se coa pola escadra esquerda do porteiro do Cedeira. Nesta primeira metade o Cedeira tamén tivo as súas opcións unha primeira que saca o capitán Many debaixo dos paus e outra no que un inspirado Iván fai unha moi boa parada ao dianteiro.

Na segunda parte como non podía ser doutro xeito o Cedeira intenta igualar o marcador e de novo unha acertada intervención de Iván impídeo. O Numancia pon máis distancia no marcador conseguindo un segundo gol nunha boa xogada colectiva que culmina Jorge de cabeza conseguindo gol a un bo centro desde a banda dereita de Xullo. A falta de 20 minutos o Cedeira consegue o seu primeiro gol nun contraataque tras un perdida de balón no medio campo e unha probable falta do dianteiro do Cedeira ao lateral do Numancia Coco. Nunha boa xogada do Numancia prodúcese un probable penalti do porteiro do Cedeira que na súa saída arrola a Pita. É de novo o Cedeira o que a falta de 10 minutos vólvese a adiantar no marcador nun novo contraataque e xa no tempo de desconto consegue o gol da vitoria precedida dunha nova falta do dianteiro de novo a un desesperado Coco. No partido é de destacar de novo a boa aptitude colectiva de todo o equipo aínda que destacariamos o bo partido de Ivan, case perfecto con dúas paradas moi boas e moi seguro en todos os balóns aéreos e cun só pero quizais a mala colocación no segundo gol do Cedeira. Tamén destacar o bo partido de Xullo con gol incluído (que siga a racha), o traballo incansable de Carlos e o bo partido do medio centro Manu. Ao final do encontro houbo certo balbordo entre os xogadores dun e outro equipo. Unha simple observación para as dous equipos: hai que saber gañar e hai que saber perder.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.