XUVENÍS. CEDEIRA, 6 - NUMANCIA, 0.

ADR Numancia de Ares. Xuvenís 2010-2011. Cedeira 6 Numancia 0. O Beco (Cedeira)A RESISTENCIA DE ONCE VALENTES
Vixésimo séptima xornada da Liga Xuvenil Local onde un Numancia baixo mínimos perdeu no campo do Beco en Cedeira ante un bo equipo local.


O Beco (Cedeira) 12 de marzo de 2011.

ALINIACIÓNS:
CEDEIRA: Marcos, Xosé, Aitor, Antonio, Piñón, Alberto, Cristian, Nelson, Dani, Alejandro, Borja. Bruno, Alejandro, Martín, Isidro e Daniel.

NUMANCIA: Álvaro, Coco, Amenedo, Pepe, Ángel, Quique, Iván, Jony, Juanra, Víctor e Borja.

COLEXIADO: D. José Belizón Flores (Delegación de Ferrol). Sen tarxetas.

GOLES: Dani (2), Borja (2), Aitor e Alberto.

Tarde de sábado con nubes e choiva. Chegaba o Numancia xuvenil a Cedeira con 11 xogadores, 3 deles cadetes. As sancións, lesións e outras circunstancias “raras, raras, raras”, provocaban esta situación para disputar este encontro.

Do partido non hai moito que comentar. Na primeira metade os dous equipos tiveron ocasións claras de gol. Houbo unha diferencia a que xa estamos acostumados, o equipo contrario foi quen de metelas, e o Numancia non. Polo tanto o resultado ó descanso xa era de 3 - 0 favorable ós locais.

Na segunda metade mais do mesmo, o Cedeira metía ás suas ocasións, agás algunhas nas que se atopaba co rapaz para todo do Numancia, Álvaro que hoxe facía de porteiro. O Numancia tamén tivo as súas opcións, pero a falta de precisión e o bo porteiro do Cedeira Marcos impediron que os de Ares conseguirán algún gol neste partido. Polo tanto set e partido para o Cedeira, co resultado final xa coñecido de Cedeira 6 – Numancia 0.

En definitiva, pese ás circunstancias, foi un bo partido do Numancia. No aspecto individual, destacar a bravura de Amenedo xogando ós 90 minutos con problemas de espalda, o bo partido de Ángel, ¡¡¡xa tocaba¡¡¡ e tamén de Jony, ambos moi acertados no aspecto defensivo, e a resurrección de Coco que hoxe en Cedeira recordounos a todos ós seus tempos mais mozos correndo pola banda como nos vellos tempos. No aspecto colectivo, bo xogo do Numancia, recuperando o 4-1-4-1. Bo xogo no aspecto ofensivo, sen acerto nos últimos metros e non tan bo partido no aspecto defensivo. Pero hoxe non se pode criticar a ningún dos 11 valentes que se desprazaron ata Cedeira e defenderon o escudo e a imaxe do Numancia con sacrificio e bo comportamento. Por certo, non sería xusto olvidarnos do equipo cadete da entidade, que hoxe prestounos tres dos seus pilares, Quique, Borja e Pepe, que fixeron un bo papel en Cedeira. ¡¡¡Grazas equipo cadete¡¡¡ ¡¡¡Todos formamos unha única familia, a do Numancia de Ares¡¡¡

O próximo partido será o vindeiro sábado, día de San Xosé ás 11:00 en Prados Vellos ante o Meirás CF. Un partido no que o Numancia xuvenil recupera bastantes efectivos, e no que espera poder conseguir a tan ansiada vitoria que últimamente tanto se resiste.

¡¡¡¡Todos co Numancia o sábado as 11:00 en Prados Vellos¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.