XUVENIS. G. MUGARDOS, 3 - NUMANCIA, 3.

SDR Numancia de Ares. Xuvenís 2010-2011. G. Mugardos 3 - Numancia 3. A Pedreira 30/10/10.EMPATE NUN DERBY EMOCIONANTE
Nóvena xornada da Liga Xuvenil Local que nos deparou un precioso derby presenciado na Pedreira por 300 espectadores entre mugardeses e aresáns.


A Pedreira 30 de outubro do 2010.

ALINIACIÓNS:
G. Mugardos: Raúl (Juan 73´), Rubén, Monty, Jakue (Andrés 66´), Adrián, Joaquín, Javi (Daniel 71´), Ángel, Diego, Alex Pita e Cristian (Jorge 46´)

Numancia: Carlos, Álvaro (Brayan 61´), Amenedo, Jorge, Víctor, Iván, Juanra, Pablo (Coco 53´), Manu (Rubén 78´), Moabe (Jony 70´) e Dani (Roque 87´).

GOLES:
G. Mugardos: Alex Pita (2) e Ángel.
Numancia: Iván, Manu e Brayan.

COLEXIADO: D. Iago Veiga López (Delegación de Ferrol). Amonestou a Jakue do Mugardos e a Álvaro, Víctor, Manu, Iván, Pablo e Juanra do Numancia.
Expulsou a Ángel no Mugardos e a Coco no Numancia.

Nunha tarde desapacible, entre chubascos, aire fresco e a presenza dalgún claro, respirábase un gran ambiente na Pedreira, para presenciar o primeiro derbi xuvenil da tempada, que non defraudou.

Comezou o partido con dominio territorial do G. Mugardos, con moito empuxe. Froito dese empuxe dispuxo de varias ocasións, entre elas un penalti que non conseguiu materializar. Pero o seu dominio tivo o seu gol nun despiste defensivo numantino. 1 - 0 os 20 minutos de xogo. Ese gol deixou noqueado o Numancia, que poido encaixar algún mais nos seguintes 5 minutos. Pero ós últimos 15 da primeira metade foron do Numancia, que foi a polo empate con múltiples chegadas a área e xogadas polas bandas, que non atopan unha boa finalización. Tiveron o seu premio os de Ares nunha falta executada maxistralmente por Iván, que colocaba o 1 - 1 no marcador. Cando parecía que nos iríamos co empate ós vestiarios, un novo despiste defensivo numantino propiciaba o 2 - 1 para o G. Mugardos, no minuto 43.

Despois do intermedio, sairon os de Ares a polo partido, aínda que non conseguían dominar. Tras varios cambios, o Numancia poido por fin facerse co encontro durante uns minutos atopando o gol de Manu ós 20 minutos da segunda metade, 2 - 2. Mención aparte merecen ós últimos 20 minutos de encontró. O partido volveuse tolo, moitas faltas, un partido roto. Chegadas e ocasións claras para os dous equipos. A falta de 5 minutos para ó final un penalti cometido por Jorge o converte Pita no 3 - 2 para o G. Mugardos. Aínda enriba o Numancia quedaba con 10 xogadores pola expulsión dun desafortunado Coco por falar mais da conta, o que igualaba o número de efectivos co Mugardos que sufrirá a expulsión de Ángel.
Cando parecía que o Numancia tiña todo en contra para empatar, produciuse o debut do cadete Roque que actuou como amuleto xa que namais saltar o campo o Numancia conseguía o gol do definitivo empate por medio dun hoxe moi traballador Brayan. 3 - 3 e final do encontro.

En definitiva, un precioso derbi disputado con dureza pero con nobleza por parte dos dous equipos. Excepcional o gran ambiente de deportividade nuha festa do fútbol xuvenil. Bonito o aspecto hoxe da Pedreira, onde todos poideron desfrutar dun bo partido, xogadores e público.

En canto ó Numancia, podemos sacar bastantes cousas positivas. Algúns xogadores parece que por fin se puxeron ás pilas e deixáronse a pel no campo. Víuse unha boa actitude no terreo de xogo, compromiso e moito empuxe. Tamén conseguiuse un punto no campo do eterno rival, sumando 5 nos últimos 3 partidos.

No aspecto negativo destacar outra expulsión por falar mais da conta cos colexiados, que o único que fan e perxudicar o equipo e a imaxe do club. Haberá que tomar medidas nese aspecto.

A vindeira semana toca recibir o Cedeira que se atopa na parte media – alta da táboa. Unha taboa clasificatoria que amosa unha distancia de soamente 4 puntos entre o 5º e o 11º clasificado, e dicir, entre o Cedeira e o Numancia. Iso demostra o igualada que está a competición xuvenil. Unha victoria colocaría ó Numancia novamente na parte media – alta da táboa. Esa victoria ten que chegar o vindeiro sábado as 16:15 en Ares ante o Cedeira. E para iso necesita o apoio de toda a afección numantina presente hoxe na Pedreira.

¡¡¡Vémonos o vindeiro sábado en Prados Vellos¡¡¡ ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.