XUVENÍS. NUMANCIA, 2 – O VAL, 3
Derrota pola mínima dos xuvenís
Domingo, 25 de xaneiro de 2009
Xelo
ALINEACIÓN:
NUMANCIA: Iván, Coco, Martín, Jorgito (Pablo), Many, Pita (Gabo), Jorge (Carlos), Julio, Rubén (Rico), Pedro, Manu (Díaz)
ÁRBITRO: Jorge Martínez.
GOLES: Jorge e Julio.
COMENTARIO : O partido púxose de cara moi rápido para o Numancia, nada máis sacar de centro un balón colgado á frontal da área do Val que non consegue rexeitar a defensa, chega a Julio que dispara a portería e o seu rexeite o converte Jorge no primeiro gol. A partir de aí os mellores minutos do Numancia con varias ocasións de Pedro, Rubén e Julio (disparo ao poste) que non puideron materializar. Como ocorre sempre cando se perdoa, é o Val quen nun saque de esquina aillado consegue empatar o partido.
Xa na segunda parte, un bo pase de Jorgito ás costas da defensa é aproveitado por Julio para marcar o 2 – 1. Con este tanto, Julio leva catro partidos consecutivos marcando. Posteriormente, nunha chegada con centro por banda dereita do Val, o lateral do Numancia Coco introduce o balón na súa propia meta.
Co 2 – 2, o Numancia tratou de buscar a vitoria arriscando quizás en exceso cunha defensa de só tres homes, e nun bo contraataque do Val culminado por Bruno, deu a vitoria ao Val.
Bo partido do Numancia que, unha vez máis, perde pola mínima e xa van sete veces esta temporada. No Numancia é de destacar o bo partido do central Many que non foi superado en case ningunha ocasión. No Val, boa actuación de Bruno, demostrando que é sen ningunha dúbida un dos mellores xogadores da categoría.
Conclúe a primeira fase da temporada. O Val xogará o play-off pola fase de ascenso á liga galega e o Numancia disputará a copa.