XUVENÍS. CEBARCA, 6 - NUMANCIA, 2.

SDR Numancia de Ares. Xuvenís 2010-2011. Cebarca 6 - Numancia 2. Bernardino Breixo.RIDÍCULO NA BARQUEIRA
Toda unha seria de circunstancias racharon un encontro para non esquecer e refexionar sobre o acontecido.


A Barqueira 9 de outubro do 2010.

NUMANCIA: Tito, Álvaro (Ezra 75´), Amenedo, Jorge, Víctor (Brayan 65´), Juanra, Pablo (Ángel 60´), Coco, (Jony 46´) Moabe (Dani 60´), Iván, Manu.

COLEXIADO: D. Víctor García Villaverde. Amonestou a Dani polo Numancia.

GOLES:
1-0 / 1-1 / 2-1 / 3-1 / 3-2 / 4-2 / 5-2 / 6-2.
Os goleadores do Numancia foron de Manu e Brayan.

Pouco que contar do partido da 5ª xornada da Liga Xuvenil Local disputado nunha bonita tarde de outono en Cebarca.
Víronse ás caras dous equipos que na primeira metade amosaron o nivel parello que teñen, sendo o resultado ó descanso de 1-1.
Pero na segunda metade soamente existiu o equipo local, que ben por acertos propios ou erros numantinos endosou media ducia de goles ó Numancia.

Esto sucedeu debido a que a os de Ares faltáronlle cousas e outras sobráronlle na segunda metade:
      - Falta de actitude.
      - Falta de concentración.
      - Grandes errores defensivos.
      - 95% de pases errados, 5% acertados.
      - Precipitación en ataque.
      - Pouca efectividade ante a portería contraria.
      - Mala sorte (2 goles en propia meta).
      - Prepotencia (patadas a destempo, protestas, etc).

De todas estas cousas hai algunas que son mellorables ou puntuais, xa que noutros partidos o Numancia amosou una mellor cara en moitas das facetas que hoxe faltaron.
O que ¡¡¡NUNCA¡¡¡ se pode consentir nun equipo xuvenil, en un equipo que leva a camiseta da SDR Numancia de Ares e a falta de concentración cun empate no marcador, e moito menos a falta de actitude, o pasotismo e o derrotismo. Cando isto sucede un equipo como ó Cebarca, que sen desmerécelo, simplemente será un mais da parte media – alta da tabla nesta Liga e capaz de meterche media ducia de goles. Esperemos que todos os xogadores e non xogadores, todo aquel que considere que forma parte do Numancia xuvenil tanto nas ledicias coma nas penas, nas victorias e nas derrotas, nos bos momentos e nos malos, debe estos días facer unha reflexión de porque sucedeu isto hoxe na Barqueira.
O bo de todo isto, e que coñecemos un Numancia moito mellor, que xa amosara unha boa faciana no que levábamos de liga. O bo do fútbol e que despois dun partido sempre vén o seguinte, e ista semana o temos xa o martes. E o mellor que lle pode pasar a este equipo, un partido ante un dos galiños da categoría, o Ánimas para intentar lavar a súa imaxe de hoxe e non perder moito de vista ós postos altos da competición. Pero para iso moito terá que cambiar a actitude do equipo, sexamos optimistas e sigamos confiando neste grupo de rapaces. Agora e o momento de levantarse, antes de que sexa demasiado tarde e a Liga convértase nunha travesía polo deserto sen rumbo, antes de que corramos o risco de que esta tempada fágase moi longa para todos. ¡¡¡Agora e o momento, e ¡¡¡PODEMOS¡¡¡
A primeira reacción ten que chegar xa este martes as 11:00 da mañá ante o Ánimas, o que nos enfrontaremos co apoio da fiel aficción numantina en Prados Vellos.
¡¡¡Contamos con todos vós, ¡¡¡necesitámosvos¡¡¡ Vémonos todos ó sábado en Prados Vellos, agora e cando hai que ir, non nas finais de copa, etc. ¡¡¡Pasaremos lista¡¡¡
Hoxe mais que nunca:
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.