XUVENÍS. NUMANCIA, 0 - PERLIO, 1.

SDR Numancia de Ares. Xuvenís 2010-2011. Numancia 0 - Perlío 1. Prados Vellos.FALTA GOL, FALTA AMBICIÓN.
Cuarta xornada da Liga Juvenil Comarcal onde o Numancia caeu derrotado pola mínima ante o lider da categoría, o Perlío en Prados Vellos. 


Ares, 2 de outubro do 2010.

ALINIACIÓNS:
NUMANCIA: Carlos, Álvaro (Coco 71´), Amenedo, Jorge, Víctor, Juanra, Pablo (Jony 62´), Dani (Ezra 83´), Moabe (Rubén 74´), Iván, Manu.
PERLÍO: Óscar, Alberto, Adrián, Iván, Diego, Juan, Marcos, Diego, Adrián, Raúl, Carlos. Alejandro, Santi, Diego, Jorge, Ángel.

COLEXIADO: D. Daniel Barrera Lourido. (Delegación de Ferrol). Amonestou a Carlos, Jorge e Manu no Numancia.

GOLES: Adrián polo Perlío.

Tarde desapacible de sábado en Prados Vellos, con moito vento e chubascos. As condicións meteorolóxicas adversas condicionaron un partido entre dous equipos que estaban situados na parte alta da clasificación.
Comezaba o encontro con dominio numantino. Bo fútbol o do Numancia, apostando polo fútbol combinativo dende a defensa e o xogo polas bandas. Tivo algunha ocasión clara para adiantarse no marcador o Numancia, pero sen acerto. Cousas do fútbol, a primeira aparición ofensiva do Perlío no que levabamos de partido terminou nun balón ás costas da defensa numantina, o porteiro Carlos sae da sua portería e derriba claramente o xogador visitante que controlara o balón. Penalty xusto que foi convertido en gol por Adrián para o Perlío, adiántandose no marcador ós 15 minutos de xogo. Non era xusto ó fútbol co Numancia, e moito menos o foi ata o descanso xa que o bo fútbol numantino convertíase en ocasións erradas nos últimos metros. Unha boa parada do porteiro a Manu, un disparo de Víctor o travesaño, varios disparos de Iván, ¡¡¡non había maneira¡¡. Incluso o Perlío poido ampliar a sua renda en dúas faltas lanzadas con perigo. Chegouse o descanso con desencanto para os numantinos. Os mellores 45 minutos da tempada, facendo bo xogo ante o líder da categoría non tiñan premio polo desacerto ante a portería, aínda mais cruel era saber que ías perdendo tras unha xogada desafortunada.

Na segunda metade saíu o Numancia a polo encontro, aínda que ven e certo que o Perlío tivo os 15 primeiros minutos da segunda parte controlados. Optou o Numancia por modificar o seu sistema de xogo, colocando dous dianteiros e apostando por un fútbol mais directo. Froito dese fútbol chegaron varias ocasións de gol de Juanra e Manu, pero neste partido o de Ares non marcaban gol nin xogando ata a noite. O bo porteiro do Perlío, e o desacerto do Numancia ante o gol facían que o resultado o final do encontro fora o de Numancia 0 Perlío 1. ¿Inxusto? Din que a xustiza no fútbol a marcan ós resultados, é como xa sabedes... "goles son amores".

En definitiva, moi boa primeira parte do Numancia con xogo bonito e agradable para o espectador, que disfrutou do seu equipo, pese ó desencanto polo resultado ó descanso. En canto a segunda metade, mais corazón que cabeza. Moita impotencia. ¡¡¡Este equipo ten que empezar a darse conta de que pode gañar a calquera¡¡ Este grupo de xogadores ten que acostumarse a gañar, cambiar a mentalidade pesimista e derrotista. Nos últimos 30 minutos de partido vimos un equipo que buscaba o gol, pero nunca vimos a ese equipo convencido de poder remontar, convencido de sacar adiante ese partido. Non había un clima de ¡¡¡podemos¡¡¡, nin dende o público, nin dende o propio equipo. Cando toca remontar hai que deixarse a voz no campo, animando os xogadores e compañeiros.
Quedámonos co positivo, moi bo xogo do Numancia ante ó líder. Partido onde se demostrou que xogando ben o Numancia vai a poder con calquera... sempre e cando..... cambiemos esa mentalidade derrotista para darnos de conta que verdadeiramente.... ¡¡¡PODEMOS¡¡¡

Agora veñen outros dous equipos fortes da categoría.

Sábado 10 de outubro ás 17:00

CEBARCA - NUMANCIA

Martes 12 de outubro (Día do Pilar)

NUMANCIA - ÁNIMAS

¡¡¡Vémonos na Barqueira (Cerdido), ¡¡¡TODOS¡¡¡ o vindeiro sábado.

¡¡¡PODEMOS¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.