XUVENÍS. NUMANCIA, 0 - SAN SADURNIÑO, 1.
NON BASTOU CO ESPÍRITU
Segunda xornada da liga xuvenil local disputada en Prados Vellos onde o Numancia perdeu ante o San Sadurniño ante 100 espectadores.
Ares, 18 de setembro do 2010.
ALINIACIÓNS:
Numancia: Carlos, Álvaro (Antonio 71´), Amenedo, Jorge, Víctor, Juanra (Pena 67´), Pablo (Jony 58´) Manu, Coco, Moabe (Rubén 67´), Dani.
San Sadurniño: Iago, Alexandre, Rubén, David, Santi, Jose, Mario, Juan, Esteban, Alejandro, Alberto, Alexis, Amor, Alejandro.
COLEXIADO: D. Fernando Caruncho Paz (Delegación de Ferrol). Amonestou ós xogadores do Numancia, Coco e Jorge.
GOLES: Alejandro polo Sansa.
Tarde de sábado perfecta para a práctica do fútbol en Prados Vellos. Disputábase un partido que se anticipaba igualado e disputado, como asi foi, entre dous equipos dun nivel moi similar. Comezaba o encontró con dominio alterno dos dous equipos. O conxunto visitante logrou sacar varios corners consecutivos, e parecía embotellar ó Numancia, se ben é certo que a ocasión mais clara da primeira metade a tivo o Numancia, nun bo lanzamento de Pablo que atallou o porteiro visitante. Cando parecía que o empate sería ó resultado no intermedio, unha dubidosa falta e executada por un xogador visitante, Carlos fai unha gran parada pero o rexeite o aproveita un xogador do Sansa para conseguir o 0-1 no marcador. De nada vale queixarse da posible situación de fora de xogo na que se atopaba o xogador visitante, xa que o gol foron dous erros do Numancia, concedendo unha falta innecesaria e non estando atento o rexeite da mesma. 0-1 inxusto o descanso, xa que ningún dos dous equipos fixera fútbol nin méritos suficientes para irse con vantaxe no marcador nun disputado primeiro tempo.
Na segunda metade o Numancia saíu decididamente a polo encontró. Os 10 primeiros minutos da reanudación foron os mellores do equipo local, con moi bo xogo e alguna ocasión para empatar o encontró. Tras uns minutos onde o Sansa neutraliou o xogo do Numancia, producíase o cambio de sistema nos aresán quedando con 3 defensas. Con corazón e cabeza, xa que nos últimos 20 minutos o Numancia apostou polos balóns longos ós dianteiros, poido e mereceu o Numancia empatar, e porque non, levarse o partido, pero a diosa fortuna non estivo cos numantinos esta tarde, que erraron dúas claras ocasións cando o público aresán xa cantaba o gol. Tamén e certo que o San Sadurniño tivo a opción de matar o encontro en varias xogadas de contraataque. Desta maneira, cuns últimos minutos moi disputados e algo broncos, chegouse o final do envite.
En definitiva, bo partido do Numancia que mesturou xogo combinativo con xogo directo. Unha batalla perdida ante o Sansa debido a pequenos detalles, un controlabres e perfectamente correxibles con traballo, e outros que non se poden controlar como a sorte ou algún outro que é mellor non citar.
Resaltar o gran esforzó ata ó último suspiro realizado polos nosos xogadores, deixándose a pel no campo. Tamén e de agradecer o gran apoio de hoxe da escasa pero animosa fiel afección numantina.
Este é o camiño a seguir, pero sabendo que isto ten que ser un ¡¡¡todos a unha¡¡¡. Todos, ós 21 xogadores da plantilla, 21 e non 18, nin 17, ¡¡¡21¡¡¡, os dous adestradores, o delegado, a directiva… en definitiva toda a familia Numantina dende o primeiro equipo ata os biberóns, dende o presidente ata o barrendeiro do campo de fútbol teñen que apoiar ós xuvenis e a todos ós equipos do Numancia con constancia, interese e fervor. Soamente así poderémos conseguir que un club como o Numancia crezca, vaia para arriba, ¡¡¡con unión¡¡..
Próxima estación para ós xuvenís, o vindeiro fin de semana en Ortigueira. Outra batalla nesta larga guerra chamada Liga Xuvenil Local. ¡¡¡A por todas rapaces¡¡¡ ¡¡¡Vémonos todos en Ortigueira¡¡¡
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡