XUVENÍS. R. DE NEDA, 0 - NUMANCIA, 3.

SDR Numancia de Ares. Xuvenís 2010-2011. R. de Neda 0 - Numancia 3. Municipal de Neda.TRES PUNTOS CON RESISTENCIA E CALIDADE
Primeiro partido da Liga Xuvenil Local onde o Numancia conseguiu 3 valiosos puntos nun terreo sempre compricado como e o de Neda. 


Neda 11 de setembro de 2010

ALINIACIÓNS
R. DE NEDA: Brais, Rubén, Abel, Alejandro, Ricardo, Alejandro, Francisco, Santi, David, Javi, Jairo. Santi, Bruno, Jairo, Aitor e Marlon

NUMANCIA: Carlos (Tito 80´), Álvaro (Ezra 80´), Amenedo, Jorge, Víctor, Iván, Juanra, Pablo (Ángel 60´), Moabe (Rubén 70´) , Dani ( Brayan 65´) e Manu.

COLEXIADO: D. Rodrigo Serrano Naveiras (Delegación de Ferrol) Amonestou a Abel do Rápido de Neda.

GOLES: Manu (2) e Jorge.


COMENTARIO:
Tarde algo calurosa de sábado. Chegaba a hora da verdade, xa non era pretempada nin amigables. Comezaba en Neda a Liga 2010 – 2011 para o Numancia xuvenil. E comezou moi ben.
Principiaba o encontró cun tanteo por parte dos dous equipos. O Numancia trataba de xogar o balón e pouco a pouco facíase dono do mesmo. Lástima a precipitación no ataque que lle impedía ter ocasións claras de gol, e lástima tamén que as poucas que tivo as estragara. En cambio o Rápido de Neda bastáballe con alguna triangulación illada no mediocampo, grazas a pouca presión numantina nesa zona para lanzar balóns ó seu dianteiro e poñer en apretos o conxunto aresán. Os numantinos foronse ó descanso cun empate xusto pero coa sensación de que ese partido so se podía gañar, non se podía escapar.
Na segunda metade os de Ares saíron mais convencidos, dando mais fluidez o xogo e con maior ritmo de balón. Si, ritmo de balón, confianza e soltura que propiciaran que nunha xogada o balón saíra do porteiro Carlos, Amenedo tocara para Jorge na defensa, este viu o movemento de Iván ofrecéndose, Iván controlou o balón levantou a cabeza e meteu un balón ás costas da defensa nedense onde xa estaba Manu moi ben desmarcado para levantarlo por riba do porteiro e conseguir o 0-1 para o Numancia. Un fermoso gol, para gardar en video e poñelo como exemplo de xogo a seguir para o Numancia xuvenil deste ano. A veces de tanto intentalo, sae e ten premio.
Despois dese gol, o Numancia fíxose co partido pero non terminaba de péchalo. Chegou entón unha falta que Jorge lanzou e a barreira desviou propiciando que o balón se colara na portería nedense. 0-2 a falta de 25 minutos. Tras o gol, foise arriba o Neda con moito empuxe, creando algún perigo na portería defendida por Carlos, que neses intres salvou o equipo de compricarse o partido. Pero sería nun contraataque finalizado por Manu cando o Numancia conseguiría o 0-3 que daba a tranquilidade a parroquia numantina, a falta de 10 minutos. 10 últimos minutos onde os adestradores numantinos fixeron os dous últimos trocos, onde o Neda intentou conseguir o gol da honra, onde Tito fixo dúas boas paradas para impedilo e onde morreu o partido coa mellor noticia de todas, 0-3 no marcador e os primeiros 3 puntos da tempada para o Numancia.

En definitiva, bo partido en xeral do Numancia, estando ben colocado no campo, con actitude e calidade nos momentos decisivos do encontró. Notouse a boa pretemporada feita polo Numancia no  aspecto físico, determinante ó final do encontró. Boa predisposición dos aresáns a hora de xogar o balón en curto. Quizais hoxe non houbo tanta pelexa, tanto espíritu numantino. Se conseguimos mesturar o espíritu co bo xogo e a seriedade a mestura pode ser explosiva. Pero pouco a pouco, queda moito por mellorar e traballar, e sobretodo moito por andar, xa que esto non fixo mais que comezar.

A vindeira semana bonito e interesante partido en Prados Vellos. Visítanos o San Sadurniño, un conxunto forte e veterano chamado a estar nos postos altos da táboa. Os numantinos darán guerra e intentarán demostrar que este ano eles tamén queren quedar o mais arriba posible. Para iso necesitan todo o apoio da fiel afición numantina que o próximo sábado ten que acudir de forma masiva a Prados Vellos para animar ós nosos futbolistas. ¡¡¡Vémonos ó sábado as 17:00 en Prados Vellos) ¡¡¡Imos pasar lista, ¡¡¡NON FALTEDES¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.