Inicio Noticias Cadetes CADETES. MEIRÁS, 0 - NUMANCIA, 2.
 
 

CADETES. MEIRÁS, 0 - NUMANCIA, 2.

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2009-2010. Meirás, 0 - Numancia, 2. Misael Prieto.Os cadetes poñen fin ao campionato de liga 2009 – 2010 cunha nova vitoria. 

 

Meirás, sábado 27 de marzo do 2010.

23ª Xornada, categoría cadete, 2ª autonómica, grupo 4º.

ALIÑACIÓNS:
MEIRÁS: Rafael, Bieito (Sergio Vázquez min. 67), Edgar (Emilio min. 60), Carlos, Adrián, Sergio Orjales, José (Vicente min. 61), Cristián (Marcos min. 57), Pablo Bouza (Raúl min. 52), Pablo Ramos e Sergio López.
NUMANCIA: Carlos, Pepe, Adrián (Roque min. 62), Ángel (Javi min. 41), Quique, Brayan, Miguel López, Juan (Antonio min. 52), David (Miguel Piñeiro min. 41), Edu e Ricardo (Xaime min. 58).

GOLES:
0 – 1 min. 43 Edu.
0 – 2 min. 64 Roque.

COLEXIADO: José A. Rodríguez Dopico (Delegación de Ferrol).
Amosoulle cartón amarelo a Sergio Orjales polo Meirás e a Edu e Ángel polo Numancia.

COMENTARIO:
Primeira metade que comezou con moi pouco ritmo por parte dos dous equipos, pois ningún soubo asumir o control do terreo de xogo, o que propicio perdas continuas do balón en mediocampo que desluceu un pouco o espectáculo. Foi a partir dos vinte minutos de xogo cando o Meirás tomou a iniciativa dispoñendo de varias ocasións para inaugurar o marcador. Aos de Ares custoulles entrar en xogo nesta primeira metade e non sería ata os minutos finais nos que se achegarían con perigo á meta local, gozando de tres boas ocasións, unha delas cun disparo ao traveseiro. Ao final marcharían aos vestiarios con empate a cero.
A segunda metade estivo moito máis entretida, cos dous equipos máis metidos no partido, o que permitiu ver máis espectáculo futbolístico. Os de Ares máis mentalizados que na primeira metade, saíron a polo partido desde o asubío inicial e un gol temperán nos minutos iniciais espoleounos sendo os claros dominadores dunha boa parte deste período. De novo Quique nunha segunda metade soberbia foi unha das pezas crave para o dominio dos aresáns. O Meirás cos goles encaixados e o control do terreo de xogo exercido por parte do equipo visitante veuse abaixo, rexurdindo nos minutos finais nos que dispuxeron dalgunhas ocasións para acurtar distancias.
Con este encontro dáse por concluído o campionato de liga nesta categoría. O Numancia finalizou nunha máis que meritoria quinta posición logo de disputarse un total de vinte e seis xornadas. Na primeira parte do campionato os aresáns foron moi irregulares, sufriron varios altibaixos e non estiveron moi acertados, deixándose polo camiño algúns puntos importantes. Termiñando na novena posición da táboa, con catro partidos gañados, tres empates e seis derrotas. Por contra, a segunda metade da liga, foi soberbia, extraordinaria e incrible, dez partidos gañados, dous empates e unha derrota. O que lles permitiu auparse ata a quinta posición. Felicitalos polo traballo e esforzo realizado e agradecerlles as bonitas tardes de fútbol que nos ofreceron. Pronto comezará o campionato de copa, na que desexamos que teñan unha actuación destacable.
Aproveitar está última crónica da liga para felicitar ao Cedeira pola conquista do título de liga e ao Galicia de Caranza polo subcampeonato e desexarlles boa sorte na fase de ascenso á liga galega.
O vindeiro martes 30 de marzo ás 19:00 horas terá lugar, na Delegación de Fútbol de Ferrol, a reunión para tratar sobre a competición de copa nas categorías de cadete e alevín. Manterémosvos informados a través da WEB.

MINUTO A MINUTO:
1ª METADE:
M 11: corner que saca o Meirás e Carlos Ramayo só no segundo pau, incomprensiblemente, falla.
M 12: balón ás costas dos defensas que recolle Edu, encara a Rafael que se lle bota enrriba e consegue rexeitar o esférico.
M 17: roubo de balón de Miguel López en mediocampo, vaise dos seus marcadores, alcanza a área do Meirás pero o seu disparo cruzado pérdese pola liña de fondo.
M 19: perdida de balón de Adrián nos tres cuartos de campo do Numancia que recolle e controla Cristián, intérnase na área, parede sobre Pablo Ramos que intercepta o gardameta aresán nos pés do dianteiro.
M 21: internada pola banda de Sergio Morais, e centro chute que detén Carlos.
M 30: vaselina de Cristián que marcha excesivamente alta.
M 34: xogada individual de Brayan no bordo da área do Meirás, regatea a varios contrarios, e xa moi forzado dispara a porta pero moi frouxo, detendo Rafael sen problemas.
M 36: control de Quique no bordo da área do Meirás, pase interno entre a defensa sobre Edu que dispara cruzado estrelando o balón no traveseiro.
M 38: Brayan colga un balón ao área do Meirás que recolle Edu, regatea a dous defensas, trabucase co esférico e desperdicia unha gran ocasión de gol.

2ª METADE:
M 43: pase de Ricardo sobre Brayan, intérnase na área local, encara nun man a man a Rafael que moi valente rexeita o forte disparo do dianteiro aresán. Na mesma xogada roubo de balón de Edu, leva a dous defensas, intérnase na área e de forte disparo cruzado bate ao gardameta local, 0 - 1.
M 45: forte disparo de Miguel López desde fóra da área que marcha excesivamente alto.
M 47: erro de Miguel Piñeiro ao querer ceder sobre Pepe no bordo da área, José Martínez faise co balón pero desperdicia unha boa ocasión para establecer a igualada.
M 48: disparo de Sergio Orjales que sae desviado.
M 58: centro de Raúl desde a liña de fondo que Carlos coa punta dos dedos quítalle da cabeza a un dianteiro do Meirás.
M 64: centro chute de Quique desde a liña de fondo que Rafael non é capaz de atallar, Roque moi rápido e atento no primeiro pau recorta e envía ao fondo das mallas, 0 - 2. Xusto premio para o rapaz, polo seu esforzo e afán de superación, porque nesta tempada por unhas cousas ou outras non dispuxo de moitos minutos de xogo. Os seus compañeiros felicitárono efusivamente no que poderíamos calificar como un dos goles máis celebrados da tempada.
M 68: pase de Edu sobre Roque que encara ao gardameta local detendo éste o esférico sen problemas.
M 63: libre directo que lanza Raúl moi axustado á base do pau e Carlos detén de extraordinaria estirada.
M 70: xogada individual de Pablo Ramos dentro da área aresá, dribla a varios defensas, cede sobre Cristián pero o disparo cruzado deste marcha pola liña de fondo.
M 74: centro desde a liña de fondo ao área do Numancia e remate do escorpión de Sergio López que marcha por riba do traveseiro.
M 78: internada pola banda dereita de Miguel López, disparo raso e cruzado que detén Rafael.

 

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.