Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 2 - R. DE NEDA, 0
 
 

CADETES. NUMANCIA, 2 - R. DE NEDA, 0

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2009-2010. Numancia 2 - R. de Neda 0. Prados VellosCómoda, pero curta vitoria. 
Os de Ares erraron numerosas ocasións de gol nun encontro no que foron superiores ao seu rival.

Sábado, 20 de febreiro do 2010.

22ª Xornada, categoría cadete, 2ª autonómica, grupo 4º.
NUMANCIA, 2 – R. DE NEDA, 0.
Alineacións:
NUMANCIA: Carlos, Pepe, Miguel Piñeiro, Adrián (Roque min. 70), Quique, Miguel López, Ricardo (Ángel min. 49), Javier (Xaime min. 41), Antonio (David min. 77), Juan e Brayan.
R. DE NEDA: Víctor Novo, Francisco García, Jorge Souto, Raúl Ledo, Alejandro Rodríguez, Víctor Souto, David Leira (Bruno Carro min. 70), Pablo Folgar (Jorge Casal min. 78), Alejandro Vilariño, Javier Pico (Óscar Martínez min. 26) e Diego Fernández (Brais Veiga min. 55).
GOLES:
1-0 min. 32 Miguel López.
2-0 min. 70 Brayan.
COLEXIADO: David Saavedra Carneiro. Amosoulle cartón vermello a Brais Veiga do Neda.

COMENTARIO:
Moi bo partido o que xogaron os aresáns este pasado sábado contra o R. de Neda. Os de Ares cun xogo fluído, ao toque e con moi bo criterio no movemento do balón apropiáronse do terreo de xogo e do encontro, colleitando unha vitoria xusta, pero curta no que a resultado se refere. Pois os de Ares non estiveron moi acertados de cara ao gol, fallaron numerosas ocasións claras, e aínda que nesta ocasión non se pasaron apuros sería desexable que afinasen algo máis o punto de mira.
Nos primeiros minutos de xogo o Neda púxolle algo de salsa ao encontro avisando aos de Ares en dúas ocasións. Unha delas clarísima, propiciada por unha indecisión da zaga aresá, que afortunadamente detivo Carlos. No que restou de tempo, os de Ares foron os dominadores do xogo e da área, con chegadas claras pero que non se materializaron pola falta de acerto dos dianteiros e algunha que outra boa intervención do gardameta Víctor Novo.
Na segunda metade a superioridade dos de Ares foi manifesta. O Neda apenas inquietou en dous ou tres ocasións a balón parado a meta aresá. Os visitantes cun menos desde o minuto 64, pola expulsión de Brais Veiga ao deter un balón coa man baixo paus, viñéronse abaixo e permitiron aos aresáns xogar con moita comodidade. Os locais seguían creando ocasións, pero non se materializaban, penalti incluído. Non se pasaron apuros, pero tampouco se pode perdoar tanto.
Aproveitamos a ocasión para darlle ánimos ao xogador do Neda Diego Fernández que no trascurso do encontro sufriu un forte golpe e tivo que ser retirado. Esperamos e desexamos que se recupere pronto.
Ou próximo mércores 24 de febreiro, ás 17:00 h, celebrarase o encontro entre o Numancia e As Pontes. Encontro correspondente a 16ª xornada de liga que non seu día tivo que suspenderse por mor das fortes nevaradas de principios de xaneiro e que impidiron o desprazamento do conxunto pontés. Esperámosvos en Prados Vellos, é un día de semana pero, de seguro que merece a pena achegarse a animar aos rapaces.
MINUTO A MINUTO:
1ª METADE:
M 9: xogada individual de Brayan pola banda dereita, intérnase na área paralelo á liña de fondo, alcanza a área pequena, dispara e o balón estrélase no corpo do gardameta que moi valente se lanza aos pés do dianteiro.
M 10: contragolpe do Neda, indecisión na defensa numantina e Diego Fernández arrebátalles o esférico. O seu forte disparo é detido por Carlos de extraordinaria parada.
M 13: centro á área do Numancia, remata Diego Fernández e detén Carlos.
M 14: saque en longo de Carlos que controla Miguel López, encara a área do Neda, regatea ao seu marcador e dispara cruzado, pero o balón sae preto da base do pau.
M 26: pase en profundidade de Quique sobre Brayan, controla, regatea ao último defensa, pero bótase enriba do gardameta estrelando o seu disparo contra o corpo deste que de novo estivo moi valente.
M 28: córner que bota o Neda, a defensa aresá despexa en longo, recolle Miguel López que de forte cabalgada percorre medio campo contrario, encara ao gardameta pero o seu disparo cruzado marcha fóra por moi pouco.
M 32: balón en profundidade de Brayan sobre Miguel López que supera por velocidade aos defensas do Neda, o gardameta á desesperada sae baixo os paus e o dianteiro aresán supérao de vaselina, 1 - 0.
M 33: balón rifado nos tres cuartos de campo do Neda que recolle Brayan, regatea a dous defensas, alcanza a área pero o seu disparo forzado e frouxo deteno Víctor Novo.
2ª METADE:
M 48: xogada de Brayan pola dereita, intérnase na área, cede sobre Miguel López libre de marca, pero este dispara mal e o balón estrélase nun defensa.
M 51: córner que bota o Neda, Xaime despexa mal e o balón cae preto da área pequena nos pés de David Leira, que dispara moi desviado ante a oposición de Miguel Piñeiro.
M 64: internada de Brayan na área pola dereita, dispara e o balón é detido coa man por Brais Veiga, o colexiado sinala penalti e expulsión. Quique executa a pena máxima e estrela o balón no traveseiro.
M 66: nova internada de Brayan pola dereita, cede sobre Quique na semilúa da área, este toca a Miguel López quen dispara pero o balón sae excesivamente alto.
M 67: barullo na área do Neda do que se aproveita Quique pero o seu disparo vaise fóra por moi pouco.
M 70: balón en profundidade de Xaime sobre Brayan, regatea o seu marcador, encara a porta en nun man a man co gardameta báteo por baixo, 2 - 0.

 

 

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.