CADETES. COPA COCA-COLA. NUMANCIA - NARÓN
SEMIFINAIS ESTA TARDE ÁS 16.30 NA GÁNDARA
Numancia – Narón (campo herba artificial) e As Pontes – Eume (campo de herba natural), ás 16.30 h. na Gándara.
Ares, 29 de decembro de 2015.
Esta tarde celébranse as semifinais correspondentes á fase previa do Torneo Coca-Cola. Os equipos campións dos dous grupos da primeira fase da liga de cadetes, Narón e As Pontes, máis os dous segundos, Numancia e Eume, clasificáronse para disputar esta fase clasificatoria na delegacion ferrolá.
Ás 16.30, nas instalacións da Gándara, comezarán as dúas semifinais: Numancia – Narón (campo herba artificial) e As Pontes – Eume (campo de herba natural). Os vencedores destes partidos enfrontaranse mañá mércores, 30 de decembro, ás 16.30, xogándose o pase á fase final deste torneo que se disputará en Santiago durante as vacacións de Semana Santa.
O equipo numantino volve a participar, dous anos despois, neste torneo. Os xogadores convocados por Álex González, adestrador do Numancia, son os seguintes:
Álvaro, Jorge, Jaime, Cristian, Raúl, Diego, Carlos, Lemos, Saavedra, Vascós, Dani, Cavezza, Martín, Anido, Feal e Manu.