CADETES. ORTIGUEIRA, 1 – NUMANCIA, 1.
JAVI : SEGUE A BOA RACHA DOS CADETES ......
Décimocuarta xornada correspondente ó campionato de Liga Local de Cadetes Coca Cola Grupo No. 3 celebrado na maña do sábado en San Claudio que finalizou con empate. Ao descanso chegouse o resultado era de empate a ceros.
Ortigueira, 7 de marzo de 2015
FICHA TÉCNICA:
ORTIGUEIRA: Juan (Daniel), Adrián Núñez, Rafael, José Juan, Borja, Diego (Alberto), Pablo (Sergio Martinez), Andrés (C), Jorge, Brais e Adrián Ben.
Delegado: Pablo Vaselu Álvarez.
NUMANCIA: Álvaro, Carlos, Alex, Raúl, Javi, Fran, Pablo (C), Luís, P. Cavezza, Antón e Cristián (Ivan).
Adestrador: Daniel Iglesias Montero.
2º adestrador: Antonio Vilar Carballeira.
Delegado: Javier Aneiros Martinez.
COLEXIADO: Cristián Vilda Bouza. Sen incidencias.
GOLES:
1 – 0: Borja (min. 53) – Balón centrado á área, mal despexe defensivo dos aresáns, pase dun xogador local ao centro da área e remate de Borja quen marca sen oposición.
1 – 1: Ivan (min. 62) – Gran centro de Luis por banda dereita as costas da defensa local ata a outra banda, onde Ivan marca cunha preciosa vaselina.
Esta semana é o defensa, JAVI Lemos o que fai as valoracións do encontró….
A XOGADA DO PARTIDO. Foi o noso gol, no que Luis dálle un gran pase a Iván, quen marca cunha vaselina ante a saída do porteiro local.
CLAVE. Non houbo ningunha acción que influíra no resultado, o partido foi moi tranquilo e non pasou nada raro.
ACTUACIÓN PERSOAL. A verdade que non estou moi satisfeito coa miña actuación, teño que mellorar, sobre todo no meu aspecto físico e cos remates ou rexeites de cabeza.
Os meus aspectos máis positivos do partido foron a colocación no campo e fixen un bo partido defensivo.
O EQUIPO. Xogamos moi ben en defensa, cubrindo os mellores xogadores locais e non lles deixamos facer o seu xogo de ataque. Tamén lles creamos moito perigo nos contragolpes. Nos só tivemos un erro defensivo que eles aproveitaron para marcar o seu gol.
O RIVAL. O Ortigueira destaca por ser un equipo moi forte fisicamente e con moi bos xogadores no ataque. Ao mínimo erro defensivo, eles sempre marcan.
Destacaría a Andrés Barcón pola súa calidade, Rafael pola súa forza e o seu central José Juan pola súa colocación.
O próximo fin de semana o equipo cadete do Numancia recibirá en Ares no que será a 15ª xornada de competición ao Racing de Ferrol “B”.
Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.