Cadetes.Presentación do equipo.
O 17 de agosto ás 19:00 h tivo lugar nas instalacións de Prados Vellos a presentación do equipo de cadetes para a tempada 2009 - 2010.
Manuel Fernández Vicepresidente do Club e Delegado do equipo deu a benvida aos xogadores aos que dispensou unhas palabras de agradecemento e animo, pois estes mesmos rapaces foron os campións da liga infantil na tempada 2007 - 2008. Deseguido expúxolles as pretensións da Directiva de cara á nova tempada. A continuación tomaron a palabra Fran e Dani, adestradores do equipo, que expuxeron cales ían ser as pautas de traballo e cales eran os obxectivos marcados.
O equipo está constituído polos seguintes xogadores:
Ángel, Antonio, Brayan, Carlos, Cristián, Cartelle, Edu, Javier, Pepe, Miguel, Quique, Piñeiro, Ricardo, Roque, Xaime e os infantís Adrián, David e Juan.