CADETES. TRIANGULAR AFACO
VITORIA ANTE O MUGARDOS E DERROTA CO EUME
A pasada fin de semana os cadetes despediron a temporada co triangular da Copa AFACO disputado no campo da Pedreira.
Ares, 23 de maio de 2013
Comezou o triangular co partido entre o G. Mugardos e o Eume, un encontro moi nivelado e que só nos minutos finais se decantou para os de Pontedeume, cun gol conseguido no último suspiro.
NUMANCIA, 4 - G. MUGARDOS, 0
A continuación, o Numancia enfrontouse ao G. de Mugardos, saíndo de inicio este once: Roberto, Emilio, David, Óscar, Brais, Marcelo, Alberto, Fran, Carlos, Ángel e Sergio. Entraron despois: Raúl, José Manuel, Picas e Miguelín.
A velocidade de Ángel foi decisiva para sentenciar un partido no que conseguiron os goles, Carlos, Ángel, Alberto e Picas, este último, un auténtico golazo de falta directa.
COMENTARIOS DE OSCAR
A XOGADA DO PARTIDO. A mellor xogada do partido foi por parte do Numancia, unha recuperación de Alberto, que pasa o esférico a Sergio, que se xira orientando perfectamente o balón e dando un pase en profundidade a Ángel, o que regatea ao porteiro e marca gol.
CLAVE. O que influíu no resultado final foi as gañas de xogar e o ben que o fixemos no campo os xogadores do Numancia. Facendo un xogo tranquilo e letal.
ACTUACIÓN PERSOAL. Estou satisfeito coa miña actuación debido a que neste partido, non rifei ningún balón e xoguei con tranquilidade, entrando forte cando tiña que facelo, e dando bos pases aos meus compañeiros. Aínda que non fora moi ben de cabeza.
O EQUIPO. O Numancia o fixo de cine, atacou e defendeu todo o equipo perfectamente, sen arriscar e apoiándose uns nos outros. Xogando tranquilos e como ben sabemos.
O RIVAL. O Mugardos non sabia que facer, non se pasaban o balón, a defensa estaba moi lenta e frouxa e o medio e a dianteira non podían facer nada debido a presión que tiñan enriba.
NUMANCIA, 0 – EUME, 1
Dani Iglesias, adestrador do Numancia, repetiu a aliñación do partido anterior.
No último partido deste triangular, o Eume foi dominando o partido despois duns primeiros minutos igualados, de maneira que as ocasións de gol ían sucedéndose na portería de Roberto. Houbo que esperar aínda así ata os últimos minutos para conseguir o gol que lles daba a clasificación. Os xogadores do Numancia acusaron o desgaste do encontro ante o Mugardos e acabaron moi cansos.
COMENTARIOS DE CARLOS.
A XOGADA DO PARTIDO. A xogada do partido foi unha falta a favor do Eume, na que o xogador que ía tirar a porta picou o balón por encima da barreira deixando só a un compañeiro que rematou no poste. O rebote colleuno outro xogador do Eume que tirou e parou Roberto e logo a defensa logrou despexar o balón.
CLAVE. A clave foi que eles puxéronlle máis gañas ao partido e que tiñan individualidades que non logramos deter.
ACTUACIÓN PERSOAL. Non estou contento coa actuación persoal. Como o resto do equipo fun desaparecendo. Os primeiros minutos participei no xogo pero co paso do tempo desaparecín.
O EQUIPO. Comezamos o partido ben plantados no campo e ata podería dicir que dominando, pero non lograbamos ter ocasións claras de gol. Co paso do tempo eles fóronnos superando en ocasións e xogo e nós baixamos o nivel.Foron superiores.
O RIVAL. O rival era un equipo completo, pois tiña un bo dianteiro, rápido e habilidoso; un bo centrocampista e un bo central rápido e seguro.