CADETES. MEIRÁS, 2 - NUMANCIA, 1
FRAN RAÑALES: “Na segunda parte saímos durmidos”
Un Numancia que puido sentenciar ve como se lle escapa a vitoria nun partido no que o peor foi a lesión sufrida por Nico, nada máis entrar no campo.
Misael Prieto (Meirás), 1 de maio do 2013.
Partido corresponde á vixésima xornada de liga do 4º grupo ferrolán, categoría cadete, disputado no campo de Prados Vellos.
ALIÑACIÓNS:
MEIRÁS: Javier, Diego (Freidy), Daniel, Samuel, Iago, Miguel, Pablo, Santiago, Miguel Ángel (Ponce), Muriel e Mario (Alejandro).
Adestrador: Jorge López
Delegado: Juan Manuel Guerrero
NUMANCIA: Antonio (Roberto), Raúl (Ían), Óscar, David, Julián (Nico) (Rañales) ; Miguelín, Fran, Carlos, Emi, Sergio e José Manuel
Adestrador: Daniel Iglesias.
Delegado: José Antonio Couce.
ÁRBITRO: Francisco García. Amoestou a Santiago e Muriel (Meirás)
GOLES:
0 – 1 (m.17): Emi
1 - 1 (m. 53): Miguel
2 – 1 (m. 69): Miguel
COMENTARIOS DE : Fran Rañales
A XOGADA DO PARTIDO: A mellor xogada foi a do gol de Emilio, que cunha axilidade e velocidade boísima, conseguiu adiantarse ao contrario e superou ao porteiro.
A CLAVE: Pode ser que o Meirás nos superara no físico.
ACTUACION PERSOAL: Non foi un dos mellores partidos.
O EQUIPO: Despois dunha boa primeira parte, nos segundos corenta minutos xogamos con menos intensidade.
O RIVAL: Eles teñen un xogador que move o equipo distribuíndo o xogo.