CADETES. MIÑO, 1 - NUMANCIA, 5.
Moitas ocasións e pouco acerto.
Vitoria con máis atrancos dos esperados do Numancia na súa visita a Gallamonde donde se impuxo por 1 a 5. No descanso o marcador era de empate a un tanto.
Municipal de Miño 11 de marzo de 2012.
ALIÑACIONS:
MIÑO: Diego, Elías, David, Nelson, Jony (Lucas 64´), Pablo, Iván, Oscar, Carlos, Brais (Rubén 68´) e Casas (Tito 52´).
NUMANCIA: Roberto (Agustín 41´), Saavedra (Novoa 41´), Adrián, José Manuel (Brais 41´), Alberto, Sergio (Carlos 41´), Darío, Miguel, Angel, Ivan e Miguelito (David 41´).
COLEXIADO: Brais Tenreiro Verez. Sin incidencias.
GOLES: Casas para o Miño. Iván (2), Ángel, David e Carlos para o Numancia.
1 – 0: Casas (min. 14). Relaxación defensiva visitante e cambio de xogo de esquerda a dereita ás costas da defensa. Entrada en diagonal do dianteiro local cara á porta para anotar o tanto de disparo cruzado.
1 – 1: Angel (min. 16). Saque de esquiña visitante que o porteiro local tenta despexar quedando o balón morto no área pequena, tras unha serie de rexeites Ángel anota o empate.
1 – 2: David (min. 56) penalti. Unha internada de Ángel e freada polo meta local con falta dentro do área. O penalti anotao David.
1 – 3: Carlos (min. 65). Entranda por banda dereita de Iván con chegada á liña de fondo e pase cara atrás para que Carlos anote o tanto.
1 – 4: Ivan (min. 68) penalti. Novamente o porteiro local derruba dentro do área a un dianteiro visitante, nesta ocasión a Carlos. O penalti o executa Iván anotando o tanto.
1 – 5: Ivan (min. 79). Apertura dende o centro de Adrián cara a banda dereita para que Iván entre en diagonal cara á porta e poña o balón lonxe do alcance do meta local.
O encontro disputouse na mañá do domingo, soleada e con un calor impropio destas datas. O Numancia saiu algo adormecido e non foi quen de aproveitar as chegadas á meta local. Froito das constantes imprecisións e falta de concentración chegou o gol dos locais. Os aresans anularon pronto a ventaxe aprovitando un saque de esquina. Os visitantes tiveron oportunidades pero as decisións cara a porta case nunca eran axeitadas e ás axeitadas eran atalladas polo meta local. Así chegariase o descanso.
Na segunda metade o Numancia amosouse máis ofensivo e grazas a un penalti adiantouse no marcador. Con todo un erro de entendemento entre Agustín e Brais fixo que este último provocara unha pena máxima favorable ós locais. Por sorte para os de Ares, Agustín detivo o penalti i evitou o empate. Esta xogada foi clave para a continuación do encontro pois en 8 minutos o que podía ser o empate (60') transformouse cinco minutos máis tarde no 1-3 obra de Carlos ó que xa lle anularan un tanto por fora de xogo. E pasados tres minutos máis penalti sobre Carlos que permite a Iván sentenciar. Dende ahí ata o final moitas ocasións e un novo gol de Iván.
En resumo un partido onde o Miño cedeulle o protagonismo o Numancia e onde os de Ares deberon de xestionar mellor o xogo tomando decisións máis axeitadas tanto en defensa coma no xogo ofensivo e fundamentalmente na definición cara a porta.
A vindeira semana a visita do Narón será unha boa ocasión para recuperar o bo xogo e amosar unha mellor imaxe.