CADETES. MIÑO, 1 - NUMANCIA, 8.
Vitoria avultada ante un rival mermado
O Numancia venceu por 1 tanto a 8 ó Miño na súa visita a Gallamonde no encontro da 8ª xornada de copa de cadetes. O encontro viuse condicionado por a falta de efectivos no equipo local, que fixo que xogaran en inferioridade numerica todo o encontro. Ó descanso chegouse con vitoria visitante por 1 a 3.
Municipal de Miño 29 de outubro de 2011.
ALIÑACIONS:
MIÑO: Diego, Iván, Juan, David, Pedro, Fernando, Jonathan, Diego, Carlos e Cesar.
NUMANCIA: Agustín (Roberto min. 41), José Manuel, Alberto, Adrián. Martín, Miguel (Sergio min. 41), Miguelito (Brais min.41), Marcelo, Ángel, Ivan e David.
COLEXIADO: Manuel J. Bejarano Estepa (Delegación de Ferrol).
GOLES:
Miño: Cesar (32´).
Numancia: Ángel (25´), Iván (30´), Martín (2) (36´e 63´), Marcelo (56´), Adrián (65´), Brais (67´) e David (76´).
0-1: (25') Saque de esquña en corto de David a Miguelito con devolución ó primeiro que centra á área, Alberto de costas á portería remata de calcaño despexando o porteiro local, o rexeite aproveitao Ángel para abrir o marcador.
0-2: (30') Cesión de José Manuel dende o borde da área cara atrás para Iván que se interna na área pola dereita e bate o meta local na súa saída.
1-2: (32') Falta dende a dereira que sorprende a Agustín polo seu pau.
1-3: (36') Rexeite dun defensa local que chega a Martín que dende o bordo da área e de forte disparo, pon o balón na escadra dereita facendo inútil a estirada do porteiro.
1-4: (56') Pase interior de Martín cara a entrada dende a banda dereita de Marcelo que anticipandose ó seu marcador bate o porteiro local na súa saída.
1-5: (63') Pase en profundidade de Alberto a David que dende a esquerda asiste cara atrás para que chegando Martín en carreira anote o seu segundo tanto.
1-6: (65') Balón ó area de David que é rexeitado pola defensa quedando o balón ós pes de Adrían, que dende o punto de penalti anota de forte disparo.
1-7: (67') Entrada de Brais pola esquerda con pase ó centro para Ángel que devolve a Brais para que cruce o balón ante o meta local.
1-8: (76') Xogada persoal de David pola dereita que finaliza el mesmo anotando o definitivo 1-8.
Partido condicionado pola inferioridade numérica dos locais que aguantaron defensivamente moi ben destacando a actuación do seu gardameta. O Numancia na mesma liña de partidos anteriores, falta de intensidade, mala elección das decisións a tomar, pouca contundencia defensiva e pouco acerto ofensivo. O primeiro tempo case non se notou a inferioridade numérica. Na segunda metade o cansazo local e un mellor acerto visitante deixaron no marcador o resultado definitivo. Pouco se pode sacar en limpo do encontro, quedamos á espera de como reaccionará o equipo ante o partido de rivalidade do próximo sábado en Prados Vellos entre o Galicia de Mugardos e o Numancia de Ares.