OLI, O GRAN CAPITÁN
ROBERTO CARLOS OLIVEIRA: “O MEU PRATO FAVORITO É A LASAÑA QUE PREPARA A MIÑA MULLER”
Quen mellor ca Oli para iniciar esta serie de breves entrevistas cos xogadores do Numancia. Tíñao merecido, por tanta fidelidade, por coraxe, por entrega, por calidade, ... O gran capitán é o primeiro en confesarnos as súas preferencias, en ofrecer aos seus siareiros as súas opinións e valoracións.
Ares, 31 de agosto de 2010
De entrada, pedímoslle un resumo da súa traxectoria deportiva: “ Tiven momentos moi bos co Numancia, sobre todo, gañar a liga e ascender a primeira rexional. Polo demais, tamén tiven unha experiencia bastante positiva no Mugardos, xogando na Liga Galega Xuvenil e tamén en primeira rexional. Agora aporto o que podo no equipo do meu corazón, O NUMANCIA, e espero terminar a miña carreira deportiva deixando tanto nos meus compañeiros como nos afeccionados un bo sabor de boca, e intentando gañar algún título este ano. Gustaríame retirarme deixando o mellor de min no campo de fútbol e na mente dos afeccionados, que me recorden como alguén que sempre o deu todo no campo”.
- Centrándonos no Numancia: Estás de acordo en que os futbolistas do Numancia sexan preferentemente de Ares?
- Si...
- Indica os aspectos positivos do Numancia?
- Compañerismo, familiaridade, boa relación entre os xogadores, ...
- E agora, cales son as carencias?
- Pouca axuda económica, desprotección dos xogadores ante unha lesión importante, ...
- En que medida afectarán as baixas de García e Julio?
- En ningunha, ... ninguén é imprescindible.
- Ten actualmente o Numancia xogadores de calidade?
- Sen lugar a dúbidas.
- Que posibilidades lle ves ao equipo nesta temporada 2010-11?
- Vexo boas perspectivas e podemos aspirar a chegar aos postos máis altos na táboa.
- A liga da segunda autonómica presenta ao Maniños coma claro favorito. Cales pensas ti que son os equipos favoritos para ocupar as dúas posicións de ascenso?
- Haberá que esperar a ver como se desenvolven nos partidos, pero creo que o Meirás, o Maniños e o Narón B.
- E os xogadores máis determinantes?
- Manu, Borja, ...
- Para saber un pouco das túas inclinacións futbolísticas, aí van estas preguntiñas: Escolle un equipo: Depor, Rácing, Celta, Madrid, Barcelona.
- Real Madrid.
- Mellor porteiro da liga española?
- Casillas.
- Mellor defensa?
- Piqué.
- Un centrocampista?
- Iniesta.
- Un dianteiro?
- Higuaín.
- Mourinho ou Guardiola?
- Mourinho.
- Outras preguntas indiscretas: Cal foi o libro que máis che gustou?
- O neno do pixama a raias.
- O filme que volverías a ver?
- The game.
- Un deporte que non sexa fútbol?
- As motos e o baloncesto.
- O teu prato favorito?
- A lasaña da miña muller.
- A mellor praia?
- Santa Comba.
- Unha cidade?
- A Coruña, pola marcha que ten.
- Un personaxe que te impresionara?
- Lance Amstrong.
- Que país che gustaría coñecer?
- Grecia, e sobre todo, Santorini.
- Supoñendo que segues a web do Numancia, que valoración che merece a información que ofrece?
- Moi boa.
Grazas pola túa colaboración e sorte nesta temporada, Oli.
A próxima entrevista terá como protagonista a Borja Carballo.