Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. NUMANCIA, 3 - EUME DEPORTIVO, 3.
 
 

AFECCIONADOS. NUMANCIA, 3 - EUME DEPORTIVO, 3.

SDR Numancia de Ares. Afeccionados 2010-2011. Numancia 3 - Eume 3. Prados Vellos. 22/08/10.EMOCIÓN E GOLES NUN BO PARTIDO
Partido amigable desputado en Prados Vellos ante 150 espectadores.

 

Ares 22 de agosto do 2010

ALINACIÓNS:
NUMANCIA: Fivi, Bule, Antón, Costa, Zeta, Oli, Pedro, Carlos, Jose, Jorge, Manu. Iván, Martín, Jauma, Vicente, Jorgito, Javi, Pedro Blanco, Rubén, Borja e Teti.
EUME: Bouza, Antonio, Manuel, Óscar, Elías, Julio, Bruno, Diego, Yoshua, Pedro, Chipi, Dani Ríos, Juan, Jose, Emilio e Alfonso.

GOLES:
1-0: min 25 (Oli)
1-1: min 33 (Julio)
1-2: min 41 (Yosua)
1-3: min 48 (Chipi)
2-3. min 55 (Borja)
3-3: min 62 (Vicente)

COLEXIADO: D. Marco A. Calo Sobrado. Amonestou a varios xogadores de ambos equipos ademais de expulsar o adestrador visitante Juan Fernández.

Tarde con nubes e bochorno en Prados Vellos onde se disputaba un partido amigable entre equipos veciños, o Numancia de 2ª Autonómica e o Eume de 1ª Autonómica.
Un partido que comezou sen dominio de ningún dos dous conxuntos, ambos equipos optaban por sacar o balón xogado dende atrás, o que provocaba algúns fallos nas defensas ocasionando perigo para ás suas propias porterías, o cederlle o balón ós ataques rivais. Pero pouco a pouco os equipos forónse asentado mellor no campo, ofrecéndonos un bonito partido con ocasións de gol. Sería Oli nun remate de cabeza o que conseguiría o primeiro tanto do partido, cando transcurría media hora de xogo. Pouco máis tarde, un balón as costas da defensa aresá recólleo Julio que cun bonito disparo pon o 1-1 no marcador de Prados Vellos. Antes de chegarse ó descanso conseguiría o Eume a remontada, deixando o marcador no intermedio nun 1-2 favorable os visitantes. Unha boa primeira parte do Numancia, pero a pegada do Eume permitiulle irse con vantaxe ós vestiarios.
Na segunda metade moitos trocos. O Numancia foi a polo partido, pero nunha inxenuidade defensiva Jauma despexa o balón coa man dentro da área, penalti e 1- 3 a favor dos eumenes. Os locais non se viñeron abaixo polo resultado adverso e nunha xogada de ataque Carlos e derribado dentro do área. O colexiado asubía a correspondente pena máxima que aproveita Borja colocando o 2-3 no marcador os 55 minutos de xogo. Seguía o Numancia buscando o ataque, con ocasións de gol. O Eume era perigoso o contraataque, pero un acertado Fivi impedíu que o eumenes aumentara a vantaxe. A falta de 20 minutos para o final, unha xogada de estratexia do Numancia e rematada de cabeza por Vicente a gol, conseguindo o que sería o definitivo 3-3 no marcador.
De ahí en adiante mais trocos, o partido seguia moi intenso. Tan intenso que no minuto 85 prodúcese un enfrentamento dialéctico entre o adestrador do Eume Juan Fernández e o colexiado Calo Sobrado. Este enfrentamento enfadou o colexiado, que ante a sorpresa de todos decidiu dar por finalizado o encontro. Un evitable e triste final para un partido intenso pero deportivo entre dous equipos veciños que ofreceron un bo espéctaculo aos siareiros que asistiron a Prados Vellos.
En definitiva, un paso adiante na preparación do Numancia que utilizou neste partido nada menos que 21 futbolistas. O mellor de todo que a intensidade e o xogo non diminuiron tras os cambios. Xa diciamos a semana pasada que o equipo daba boas sensacións, hoxe confírmaronse empatando ante un equipo de categoría superior o Eume Deportivo ó que desexámoslle sorte na 1ª Autonómica; aínda que nestes partidos amigables o de menos é o resultado.
A semana que ven último partido de pretemporada para ó Numancia. Este partido será algo mais que un amigable, xa que visitará Prados Vellos o Galicia de Mugardos “B” nun partido englobado no “Trofeo Picas”.

Vémonos polo tanto o vindeiro sábado en Prados Vellos as 17:00 apoiando os xuvenís e ás 19:00 apoiando os modestos ante o eterno rival.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.