Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. TROFEO CONCELLO DE ARES.
 
 

AFECCIONADOS. TROFEO CONCELLO DE ARES.

SDR Numancia de Ares. Afeccionados 2010- 2011. Numancia, 1 - G. Mugardos, 5. Prados Vellos.NUMANCIA, 1 - GALICIA DE MUGARDOS, 5.

BOA IMAXE DO NUMANCIA A PESAR DO RESULTADO
Nova edición do Trofeo Concello de Ares disputado en Prados Vellos ante preto de 300 espectadores.  

Ares 16 de agosto do 2010.

NUMANCIA: Fivi (Kiko 58´), Bule (Martín 53´), Antón (Vicente 58´), Costa, Zeta, Pedro (Teti 68´), Oli, Carlos, Jose (Rubén 53´), Jorge (Jorgito  68´) e Manu.

G. MUGARDOS: Óscar, Rouco, Víctor, Alex García, Adrián, Jose, Maikel, Grueiro, Michel, Alberto, Jose Ángel. Rubén, Agustín, Puchi, Óscar Pérez e Dani Ramos, Manel, Sanmartín, Rubén.

GOLES:
0 – 1 (Óscar Pérez mto. 20).
0 – 2  (Óscar Pérez mto. 30).
1 – 2  (Manu mto. 44).
1 – 3  (Michel mto. 62).
1 – 4  (Dani Ramos mto. 83).
1 – 5  (Michel mto. 88).

COLEXIADO: D. Víctor García Villaverde (3º División / Delegación de Ferrol) Amonestou a Carlos e Pedro polo Numancia e a Manel polo G. Mugardos.


Tarde asollada en Ares onde os aresáns en mugardeses fixeron un paréntese na visita a Feira Mariñeira de Ares para acudir a Prados Vellos a ver un bonito derby entre o Numancia de 2ª Autonómica e o G. Mugardos de Preferente Autonómica. Unha diferencia de categorías que non se observou na primeira media hora do encontro onde o Numancia saíu moi concentrado e ben posicionado, dificultando o xogo do Mugardos cunha boa presión efectiva. Froito dese bo traballo tivo o Numancia un par de ocasións para adiantarse no marcador, pero serían os visitantes os 20 minutos os que conseguirían o 0 - 1 nun balón longo as costas da defensa numantina que enviou as redes o dianteiro mugardés. Seguio o Numancia dando unha boa imaxe aínda que sen sorte, xa que ós 30 minutos un novo despiste defensivo aresán lévaba o 0 - 2 o marcador do equipo mugardés. Non se amilanou o Numancia e no minuto 44 Manu conseguía o 1 - 2 nun tremendo disparo que entrou pola escadra da portería de Óscar. Un bonito premio o traballo incansable dos aresáns nesta primeira metade, plantándolle cara sobradamente a un equipo de Preferente.
Na segunda metade os dous adestradores deronlle minutos a todos os xogadores dos seus planteis. Pese a iso, o ritmo do partido seguiu sendo alto, intentando o Numancia igualar o encontro, que se convertira nunha dura loita no centro do campo. No minuto 63 o Galicia ampliaría a sua vantaxe colocando o 1 - 3 no marcador. Os aresáns sacaron o orgullo numantino e a piques estiveron de recurtar distancias nun par de ocasións. Pero novamente nos minutos 83 e 88 o Galicia marcaría dous goles maís, o último de fermosa chilena deixando o definitivo 1 - 5 no marcador.

Finalmente, o Trofeo Concello de Ares foi entregado pola Concelleira  Dña. Victoria Montenegro ó Galicia de Mugardos clube ó que desexamos moita sorte na sua andaina na Preferente Autonómica.

En definitiva, un moi bo partido do Numancia plantándolle cara a un equipo que competirá en dúas categorías superiores. Ideas claras, moito traballo e seriedade con pinceladas de calidade son as señas de identidade deste Numancia, que nesta ocasión viuse superado pola velocidade e calidade dunha dianteira de Preferente, pero que xogando así na 2ª Autonómica pode dar bonitas tardes a fiel afección numantina. Para elo deberá seguir preparándose para o primeiro partido de liga ante o Valdoviño o 5 de setembro en Ares.

Seguira a preparación cos seguintes encontros amigables:

Mércores 18 de Agosto: San Mateo (Terceira Autonómica) – Numancia as 19:00 en San Mateo.

Domingo 22 de Agosto: Numancia – Eume (Primera Autónomica) as 19:00 en Prados Vellos

Domingo 28 de Agosto: Numancia – G. Mugardos “B” (Trofeo PICAS) ás 19:00 en Prados Vellos.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.