Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. NUMANCIA, 7 - NARAHÍO, 1
 
 

AFECCIONADOS. NUMANCIA, 7 - NARAHÍO, 1

PRIMEIRA PROBA POSITIVA PARA O NUMAN

Na primeira semifinal do torneo de San Salvador de Maniños, o Numancia derrotou claramente ao Narahío e clasificouse para a final de mañá, domingo, ás 20.00 h. no Pote. Ao descanso, o resultado era de 6 - 1.

Ares, 7 de agosto de 2010

Este primeiro partido de pretemporada ofreceu a posibilidade de observar as primeiras evolucións deste Numancia dirixido por Carlos Rodríguez, ao que se incorporaron rapaces procedentes dos xuvenís.

A alineación inicial foi esta:

Fivi; Teti, Jauma, Antón, Zeta; Oli, Borja; Carlos, Jose, Jorge; e Manu.

Aínda que no primeiro minuto do partido se adiantou o Narahío, dous goles de Zeta, outros dous de Jorge, un de Carlos e outro de Manu, indicaron claramente a superioridade dos aresáns.

Na segunda parte entraron Vicente, Javi e Rubén, o que motivou algúns cambios de posición. O equipo saiu desta maneira:

Fivi; Antón, Jauma, Vicente, Zeta (no m. 55 substituído por Jorgito); Rubén, Borja; Oli, Javi, Jorge; e Carlos.

A salientar tan só un gol de Carlos nestes segundos corenta e cinco minutos e un penalti parado por Fivi, ademais de varias ocasións de gol desaproveitadas polos aresáns.

En xeral, a posta en escea deste Numan 2010-11 foi positiva, amosando seriedade e xenerosidade no esforzo.

Mañá, domingo, 8 de agosto, a final do torneo de Maniños ás 20.00 h.onde os aresans mediranse ao equipo afitrión que derrotou ao Galicia de Mugardos "B" por 3 a 2.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.