Inicio Noticias Xuvenís XUVENIS: CEBARCA, 2 - NUMANCIA, 5.
 
 

XUVENIS: CEBARCA, 2 - NUMANCIA, 5.

SDR Numancia de Ares. Xuvenís 2009-2010. Cebarca 2 - Numancia 5. Bernardino Breixo.OS XUVENÍS Á FINAL DO TROFEO DA AFACO.
Goleada no céspede e na bancada. Unha vez máis respondeu a afección.

  

Ares, 12 de xullo de 2010.

CEBARCA, 2 - NUMANCIA, 5.

ALINIACIÓN:
Iván (Tobe), Amenedo (Coco), Antón, Jorgito, Martín, Pita (Víctor), Edu, Julio, Dani (Manu), Jorge e Pedro (Díaz).

GOLES:
Primeiro tempo:
0 – 1: Centro pasado desde a banda esquerda que recolle Julio en liña de fondo e coloca un pase atrás que aproveita Dani para empuxala a gol.
1 – 1: Boa xogada do extremo esquerdo do Cebarca que tras regatear a Amenedo coloca un pase raso ao primeiro pau onde o dianteiro en pugna coa defensa consegue rematar a gol.
Segundo tempo:
1 – 2: Boa xogada de Edu por banda esquerda que tras desfacerse do seu marcador coloca un centro raso ao área, Dani falla o primeiro remate pero Julio en segunda opción remacha a portería.
1 – 3: Desde o vértice esquerdo da área, Julio engancha un bo tiro que se coa tras botar axustado ao pau esquerdo da portería local.
1 – 4: Edu machaca a gol un balón solto na área do Cebarca.
1 – 5: Jorgito de falta directa superando por encima á barreira.
2 – 5: Xa nos últimos minutos pase en profundidade do Cebarca que rompe a liña defensiva do Numancia e o dianteiro pica ben o balón ante a saída de Tobe.

 


CRONICA:
Partido cunha gran presenza de afeccionados aresáns que se incrementou aínda máis na segunda parte coa chegada da afección e o equipo de cadetes que viña de xogar en Cedeira. O tempo axudounos durante todo o partido e as dúbidas sobre o estado do terreo de xogo disipáronse pronto xa que o campo que podía parecer brando mantívose en perfecto estado durante todo o choque.
O partido comezou cun Cebarca coas ideas moi claras, dominio do centro do campo e procura continua con pases longos ás costas da defensa visitante, onde a defensa mantívose firme gañando todos eses balóns por arriba. Pese ao dominio posicional do Cebarca é o Numancia o que goza da primeira ocasión onde un gran centro de Pita é rematado fóra de cabeza no segundo pau por Dani cando todo o mundo xa cantaba o gol. Pero mediada a primeira parte Dani resarceuse deste erro conseguindo o primeiro gol. Con todo continuaba o dominio territorial do Cebarca aínda que sen inquietar a portería numantina. Nunha boa xogada individual o Cebarca métese de novo no partido conseguindo o empate. Cambio de sistema nas filas numantinas para intentar igualar as forzas no medio campo e parece que funcionou a tenor do visto. Co empate ímonos ao descanso.
Comeza a segunda metade e do mesmo xeito que en Ares os xogadores do Cebarca parecen saír durmidos e tras conseguir o segundo gol o Numancia o partido xa non tivo historia, os locais viñeronse abaixo psicoloxicamente porque case sen darlles tempo a recuperarse os visitantes conseguen un terceiro e un cuarto gol. Co vento de faciana o Numancia soubo ler o partido abrir o campo e intentar tocar o balón. O Numancia aínda conseguiu un gol máis de falta directa e acabando o partido os locais conseguiron o seu segundo gol.
En definitiva eliminatoria claramente dominada polo Numancia con tres claves importantes, o dominio do xogo aéreo, a forma física e a maior pegada de cara a gol. Felicitar ao Cebarca polo excepcional comportamento dos seus xogadores e pola magnífica filosofía do fútbol que practican, buscando sempre xogar o balón con sentido. E por suposto felicitar aos xogadores do Numancia por conseguir coarse nunha final cando ninguén cría en nós (eu sempre crerei en vós porque sei do que sodes capaces).
Moitísimas grazas a toda a afección que se desprazou a Cebarca para vernos, como sempre nesta Ría creo que este partido si que o gañamos por goleada. Non sei contra quen será a final, nin tampouco onde a xogaremos, e aínda teño algunha dúbida de quen vai xogar; pero do que si estou convencido é de que na bancada sexa onde sexa imos golear. Queremos e necesitamos a maior marea vermella que se recorde nos últimos anos do Numancia porque esta xeración de raparigos merécello, traballamos máis de 150 días está tempada para chegar ata aquí. Os rapaces, perdón, os homes vano a dar todo; pero necesitámosvos a vós e pase o que pase, sei que non vos van decepcionar. Como dicía Bob Dylan, “os tempos están cambiando e corren novos aires” e este Numancia empeza a estar moi preto dos que gañan sempre. Collamos esta onda que non saberemos cando volverá vir outra así. Espérovos a todos na final. Hoxe como sempre e por sempre.
!!!!AUPA NUMAN¡¡¡¡

 

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.